jueves, 24 de noviembre de 2016

Nova App de sendeirismo Caminos de O Vicedo

Atención sendeiristas e turistas! Xa está dispoñible para descargar a aplicación para smartphones CAMINOS DE O VICEDO. Tamén dispoñible en versión web, facilitará tanto a preparación da viaxe para percorrer calquera das 2 rutas homologadas pola Federación de Montañismo neste concello como, xa realizando o propio percorrido, ver os punto de interese próximos, etc. Nestas fotografías vedes as principais características da aplicación e a web. Podedes acceder á páxina web pinchando no seguinte link: www.elcaminoentumano.com e a aplicación pódese descargar en Google play e na App Store
























martes, 25 de octubre de 2016

O sábado 29 de outubro ás 20h: Teatro

Este sábado ás 20h volve o teatro á Casa da Cultura, será neste caso o grupo de teatro afeccionado O Bordelo que nos trae a obra XUBILANDO.
A obra é apta para todos os públicos e ten diversión asegurada xa que este grupo xa estivo varias veces representando no Vicedo e gusta moito. Entrada gratuita.


 Aquí podedes ver unha parte doutra obra representada polo Bordelo: