Pincha na imaxe para ver con detalle o cartel.
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
jueves, 27 de julio de 2017
jueves, 6 de julio de 2017
Festa da Festa do Cabalo 2017
miércoles, 28 de junio de 2017
programación cultural xullo 2017
Este é o cartel das actividades previstas para este próximo mes de xullo en O Vicedo. Un ano máis preténdese mostrar as riquezas naturais tanto do noso concello como da comarca cos mércores de natureza. As actividades de natureza comezarán xa o día 5 de xullo cunha actividade-presentación nas praias de Vicedo e onde os participantes poderán participar, por só 10 euros, en actividades como paddle surf e kayaks.
Hai que destacar tamén a actuación musical que repasa a historia do soul e a xa tradicional festa do turismo rural, no parque eólico de Riobarba. Finalmente ao rematar o mes chega o prato forte, a Romaxe Viquinga, que organiza o concello xunto coa ACIA do Vicedo.
lunes, 12 de junio de 2017
Romaxe Viquinga
Presentamos xa o cartel da Romaxe Viquinga que se vai celebrar os días 28 e 29 de xullo de 2017. Como novidades este ano hai que destacar o pregón na Casa da Cultura ás 19.30h a cargo do xornalista Ernesto Sánchez Pombo, a charla do arqueólogo Iñaki Sagredo a continuación, a ambientación e ruta de pinchos polo Vicedo xusto ao rematar a charla.
Para o día seguinte é o prato forte da festa. Comezará co desembarco e espectáculo matinal na praia de Area Grande (San Román), haberá obradoiros e demostracións durante todo o día no campamento viquingo e rematará a festa cun espectáculo musical a cargo de Milsons, tamén no acceso á propia praia de Area Grande (na explanada leste).
Información puntual e actualizada na páxina: https://www.facebook.com/ROMAXEVIKINGA/
martes, 23 de mayo de 2017
Artigo sobre o xornal escolar O Estrobo
Compartimos un interesantísimo artigo publicado por Vicente Míguez no xornal El Progreso o pasado 19 de maio no cal repasa a historia do xornal escolar O Estrobo.
martes, 16 de mayo de 2017
Pavís Pavós encheron de contos o escenario da Casa da Cultura do Vicedo
En plena semana das Letras Galegas, os nenos e nenas do Vicedo puideron
disfrutar dunha sesión de contos infantís a cargo de Pavís Pavós esta
tarde na Casa da Cultura do Vicedo. Houbo contos de medo, de animais,
historias de sempre que atraparon a atencións dos máis pequenos. Aquí
podedes ver unha pequena mostra fotográfica desta actividade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











