martes, 20 de octubre de 2020

A Banda Municipal de Vilalba actúa na Casa da Cultura do Vicedo

domingo 25 de outubro ás 7 da tarde teremos no Vicedo á Banda Municipal de Vilalba, unha actuación gratuita dentro do Programa Musiqueando, da Deputación de Lugo. Como sempre, aplicaranse as medidas sanitarias debidas á COVID-19. A Cultura é segura!!



lunes, 28 de septiembre de 2020

Monicreques e Teatro

Esta semana...Monicreques e teatro. Continúan as actividades socioculturais no Concello de O Vicedo, esta semana volven as actividades de interior con monicreques e teatro. O xoves 1 de outubro ás 16:30h Larraitz Urruzola presenta "A festa dos monicreques" Larraitz falará das investigación da As Morreu o Demo e con títeres contará a historia de Dona Barriga Verde unha pícara pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo. Por outra banda, o sábado ás 20h volve o teatro profesional ó Vicedo, nesta ocasión Expresión Produccións presenta "Que é o que preciso?. Unha divertida obra para todos os públicos. A entrada é gratuita nos dous espectáculos e respectaranse escrupulosamente as normas de prevención frente ao COVID-19. Así, as butacas están numeradas e serán asignadas a cada persoa para garantizar as distancias de seguridade, asimesmo, ordenarase a entrada e saída do salón de actos para garantizar que non haxa aglomeracións e será obrigatorio o uso de máscara durante todo o espectáculo

jueves, 2 de julio de 2020

Despois duns meses obrigados polas circunstancias, presentamos unhas actividades socioculturais para este mes de xullo onde predominan as actividades de exterior, de natureza, con pequenos grupos e en condicións de seguridade sanitaria, polo que é imprescindible anotarse previamente no teléfono 92 59 01 95. En función da evolución da situación iremos ampliando o tipo de actividades.
Pulsa na imaxe para vela en tamaño grande

martes, 3 de marzo de 2020

Concerto da Orquesta de Corda do Conservatorio de Viveiro

O venres 13 de marzo actúa a Orquesta de Corda do Conservatorio de Viveiro na Casa da Cultura do Vicedo. Non faltedes!

viernes, 29 de noviembre de 2019

Titeres en O Vicedo

Dentro do programa Proscenio, da Deputación de Lugo e o Concello de O Vicedo, O Grupo Marionetas Trécola presenta a obra "Tolitates". Será o sábado 30 de novembro ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo. Entrada gratuita.