viernes, 1 de febrero de 2008

Programación para o mes de febreiro

Xa está preparada a programación para o mes de febreiro. Ademais das actividades de antroido que organizan as 2 asociacións, as actividades propias da Casa da Cultura son as seguintes:
-Venres 15 febreiro: Noite de xogos de mesa. Está destinada a xóvenes maiores de 14 anos e será entre as 21h e as 23:30h aproximadamente. Alí os participantes xogarán a xogos de mesa de éxito como o Tabú, o Party & Co, o Scrabble, o Scattergories, Cifras e letras, etc.
-Venres 22 febreiro: Cine: Los Simpson, la película. Este gran éxito xuvenil e infantil proxectarase ás 21h.
Ademais desto, durante todo o mes estará aberto o prazo para inscribirse na viaxe á Estación de Esquí de Pajares (Asturias).
As condicións da viaxe son:
Prezo: 102 euros para empadronados no Vicedo. Inclúe aloxamento, tódalas comidas, forfait, autobús, curso de iniciación 2 horas diarias e material para esquiar. Se xa sabedes esquiar e non necesitades o curso ou tedes material o prezo baixa. O Concello de O Vicedo subvenciona a viaxe con 35 euros por persoa (xa descontados no prezo sinalado).
Idades: Para maiores de idade.
Prazos para anotarse: Ata o 29 de febreiro na Casa da Cultura. Hai só 20 prazas.
Datas e horarios: A viaxe será o 7, 8 e 9 de marzo. Sairase o venres pola tarde-noite e regresarase o domingo pola tarde (os que non poidan ir no autobús tamén poden ir en coches particulares).

Fotografía da viaxe a Pajares na edición de 2006

No hay comentarios: