miércoles, 29 de octubre de 2008

Continúa a preparación do Samaín (31-10-2008)

Cunha grande participación e colaboración, continúa durante toda esta semana a preparación do desfile de Samaín prevista para o venres ás 19h30. Durante as tardes vanse achegando pais e nais de nenos de primaria, ESO así como os propios nenos e nenas que participan na preparación de calabazas, artiluxios ruidosos, debuxos e a aprendizaxe das cancións que se cantarán no desfile.
Ademais, a tarde do martes achegáronse ó Vicedo uns redactores de TVE para elaborar unha reportaxe sobre o Samaín do Vicedo que se emitirá no Telexornal de TVE-Galicia o venres ás 14h e nos Telediarios das 15h e das 21h para toda España.
Lembramos que o desfile partirá ás 19h30 da Casa do Mar, percorrerá algunhas rúas do Vicedo e rematará na Casa do Mar cun gran magosto popular. Animamos desde aquí a que os veciños e os establecementos colaboren poñendo calabazas nas súas casas ó paso do desfile.

No hay comentarios: