lunes, 12 de julio de 2010

Esta semana: Ruta de kayaks e maxia

Comeza unha nova semana do mes de xullo e, en canto a actividades socioculturais, marcada por dúas actividades: o mércores 14 será a baixada do Río Sor en kayaks. O traxecto será entre Ribeiras do Sor e o Porto do Vicedo e o punto de encontro para comezar a actividade será o porto do Vicedo ás 10h00. A Actividade é apta para tódalas idades e hai que anotarse na Casa da cultura.
Por outra banda, o venres 16 a partir das 22h00 será a actuación do Mago Dani. A entrada é gratuita e o espectáculo é apto para tódolos públicos. Podedes ver algunhas actuacións do mago en www.danigarcia.com

No hay comentarios: