viernes, 12 de noviembre de 2010

Mañá sábado teatro na Casa da Cultura

Mañá sábado 13 de novembro unha obra de teatro na Casa da Cultura. Será nesta ocasión o grupo de teatro RAIOLAS de Alfoz que representará a obra A LOTARÍA. A obra comezará ás 20h e a entrada é gratuita. A sinopse da obra é a seguinte:

D. Juan é un xubilado que ten 4 fillas. Clara é a filla que o ten na casa e coida, pero todas discuten continuamente intentando pasar unhas ás outras a responsabilidade e o peso de coidalo na súa vellez. O mesmo fan as respectivas parellas das súas fillas. Todos, fillas e xenros, móvense polo egoísmo e o propio interese. Un día Don Juan atopa un billete no chan e cóntallo a unha veciña que é coa única que parece entenderse. Un domingo xúntase toda a familia para facer unha comida na casa de D. José e nesa xornada sucédense os malentendidos....

No hay comentarios: