Desde onte mércores abre en horario de 17h00 a 21h00 a aula da Rede Cemit (antiga sala de internet) na Casa da Cultura onde se poderá asistir a cursos de informática para todalas idades. Hai moitas opcións a elexir tanto para niveis de iniciación como perfeccionamento.
A aula está equipada con 7 ordenadores e gracias ó proxecto TIC TAC tamén conta cun ordenador adaptado para calquera tipo de discapacidade. Xestionará esta aula un técnico informático.
Fotografías da aula e do ordenador do proxecto TIC TAC.
2 comentarios:
E quen é o profe?
Hola, o profe é o mesmo que levou a aula de dinamización.
Publicar un comentario