Uns 25 nenos de Educación Primaria participaron na 
actividade  "Crea Fósiles de dinosauros" impartida por Mau Marela dentro do 
programa de animación á lectura da Xunta de Galicia e o Concello de O Vicedo LER 
CONTA MOITO. Durante o obradoiro os nenos puideron ver un audiovisual sobre os 
dinosauros e despois crearon os seus propios fósiles de dinosauros. Un gran 
nivel de participación e motivación deron como resultado unha actividade moi 
satisfactoria para todos. 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario