lunes, 26 de octubre de 2015

Desfile de Samaín 2015

Celébrase este vindeiro sábado día 31 de outubro a 13ª edición do Desfile de Samaín do Vicedo. Unha actividade que comezou no ano 2003 como unha mostra do obradoiro de calabazas que se facía en "manualidades" a cargo da monitora Conchi, e que foi rapidamente consolidándose e medrando cun desfile onde os participantes se disfrazaban con sabas brancas, con calabazas iluminadas, con rúas escuras, con berros e cánticos...
Durante todos estes anos a celebración foi aumentando en toda Galicia e xa se celebra tamén nos colexios, centros sociais, comerciais, etc, pero aquí foi un dos primeiros lugares da comunidade onde se celebrou.
Este ano o Samaín é o sábado así que esperamos unha gran participación tanto de xente do pobo como de toda a comarca. Prepararemos desde o mércores pola tarde as calabazas que teñamos e prepararemos tamén algún tipo de adornos para a festa final de remate de desfile, con merenda para todos os participantes, a cargo da ANPA do Vicedo.

Os horarios dos preparativos son os seguintes:
-Mércores 28 a partir das 17h15: Preparación das calabazas grandes que se colocarán polas rúas por onde pasará o desfile.
-Xoves 29 a partir das 17h15: Preparación das calabazas coas que os nenos desfilarán e que se deben de traer da casa. (Non é obrigatorio ter participado neste obradoiro deste día para poder desfilar) e preparación dos adornos da festa final. Os nenos de infantil e Primaria deben estar acompañados polos pais ou nais.
-Venres 30 pola mañá e pola tarde: Preparación  das calabazas grandes que se colocarán  polas rúas por onde pasará o desfile.

Para poder desfilar e facer máis vistosa a actividade, pedimos que tanto os adultos como os nenos vaian vestidos con sábanas brancas ou camisetas o mais largas posible dese color. Tamén pedimos que traiades unha calabaza da casa xa preparada para desfilar. Xa o sábado pola tarde, a partir das 18:30, pintaremos a todos os participantes  preparándoos para o gran desfile.
Organizan: Concello de O Vicedo e ANPA do Vicedo.

No hay comentarios: