lunes, 1 de julio de 2013

Wifi na Casa da Cultura do Vicedo

Sobre uso de Internet e wifi na Casa Cultura O Vicedo:
Hai 2 redes wifi no edificio, unha da Aula Cemit De O Vicedo  para o que se habilitou unha zona wifi no acceso a esta aula e sería en horario de mañá.
Ó mesmo tempo segue aberta a zona wifi de internet rural pero en lugar de estar na planta baixa está na primeira planta.

Fotografías actividades do fin de semana

Fotografías das actividades celebradas este último fin de semana de Xuño. Son fotos da charla de Vicente Míguez sobre a historia das conserveiras da comarca e da actuación do grupo de teatro infantil do Colexio do Vicedo.











viernes, 28 de junio de 2013

Teatro Infantil en O Vicedo



Hoxe 2 charlas sobre as conserveiras no Vicedo e Sobre fútbol femenino

Hoxe temos dous eventos importantes ás 20h30. No salón de actos charla sobre A muller e o fútbol con ponencias sobre primeiros auxilios, preparación física e reglas do xogo.
Ó mesmo tempo na sala de exposicións haberá unha pequena charla a cargo de Vicente Míguez falando da historia das conserveiras da comarca, facendo fincapé na conserveira El Cisne, situada no noso Concello.

miércoles, 26 de junio de 2013

Teatro escolar no Vicedo

O próximo sábado 29 de xuño ás 20h o grupo de teatro escolar do Colexio do Vicedo representará a obra Casa Macho. A entrada é gratuita.

Exposición fotográfica na Casa da Cultura

Desde esta semana está instalada na sala de exposicións da Casa da Cultura unha exposición fotográfica elaborada polos alumnos do Colexio de Primaria do Vicedo en relación co mundo do mar, desde a evolución das embarcacións pesqueiras ata a propia evolución dos portos pesqueiros cercanos e o traballo da muller.
Como complemento tamén haberá unha charla este venres 29 de xuño ás 20h30 onde Vicente Míguez (coordinador da actividade) nos falará da historia das conserveiras da zona.
Mostramos a continuación unha fotografía co artigo publicado no Progreso o martes 25 de xuño informando de todo esto e cunha entrevista ao propio Vicente Míguez.


viernes, 14 de junio de 2013

Festas na Honra da Virxe do Carme

Publicamos o programa das festas do Carme 2013, onde destaca pola súa tradición a procesión marítima coa Virxe do Carme e os nenos que fan primeira comunión.  Podedes ver aquí fotos doutras procesións doutros anos.