martes, 16 de agosto de 2016

Esta semana: Ruta de sendeirismo, karaoke de verán e torneo de tenis de mesa

Esta semana ven repleta de actividades socioculturais. O mércores, dentro dos mércores de natureza, percorreremos o sendeiro azul entre Abrela e Punta Socastro e regresaremos para continuar o camiño ata a praia de Area Grande en San Román. Trátase dunha ruta  duns 10 km e o punto de encontro será a Casa da Cultura do Vicedo ás 10h ou na propia praia de Abrela ás 10:30h.
O xoves será o turno do karaoke de verán, unha actividade xa clásica que alegrará  a noite do xoves na terraza da Casa da Cultura a partir das 22:30h.
Xa o venres, o torneo de tenis de mesa, dirixido a adultos e que este ano se celebrará nun único día. Comezará ás 19h do venres ata rematar. Hai unha única categoría e haberá 3 premios, unha tablet para o gañador, un reloxio dixital para o segundo clasificado e un altavoz inalámbrico para o terceiro.




No hay comentarios: