Unhas 45 persoas participaron na ruta de
sendeirismo duns 10 km programada hoxe dentro dos mércores de natureza nunha
mañá moi propicia para a práctica do sendeirismo. Os camiñantes puideron
disfrutar dunhas fermosas vistas sobre a costa occidental da Mariña de Lugo, da
riqueza xeolóxica da zona de Fuciño do Porco e, por suposto, das praias de
Abrela e Area Grande e das calas de Alegrín e Porto de Val, así como a cetárea
de Medas do Castro.
A próxima ruta, a que rematará as edicións dos
mércores de natureza por este verán, será o mércores 24 de agosto ás 10h co
descenso do Río Sor en kayaks
1 comentario:
Me encanto la ruta unas vistas espectaculares y muy buena gente. Ell año que viene me apunto a otra. Maitexu de Madrid
Publicar un comentario