Blog da Casa da Cultura de O Vicedo
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
jueves, 1 de agosto de 2024
viernes, 5 de julio de 2024
martes, 24 de octubre de 2023
XIX Desfile de Samaín O Vicedo
Un ano máis, e van moitísimas edicións (esta será a número 19), presentamos unha actividade moi querida como é o Samaín do Vicedo. Como facemos habitualmente, contamos coa imprescindible coorganización da APA do Vicedo, que nos axudará na decoración da Casa da Cultura e no desenvolvemento da actividade. Ao final do desfile haberá chocolate e dulce para os participantes
miércoles, 2 de agosto de 2023
viernes, 30 de junio de 2023
viernes, 9 de diciembre de 2022
Teatro no Vicedo o sábado 10 de decembro
O sábado 10 de decembro ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo o Grupo de Teatro do Colectivo Ollomao, de Barreiros, representará a obra de teatro "O Documento", dentro das actuacións da rede de teatro afeccionada da Deputación de Lugo. Trátase dunha divertida comedia dirixida principalmente a adultos a cargo deste grupo de Barreiros que está acadando gran sona coas súas obras. Entrada gratuita.
jueves, 10 de noviembre de 2022
Teatro profesional en O Vicedo o sábado 19 de novembro de 2022
A semana que ven volve o teatro á Casa da Cultura! Nesta ocasión será unha obra profesional a cargo de Ítaca Teatro, de Lugo. Trátase da obra Formigas no peto. A representación será o sábado 19 de novembro ás 20h. Entrada gratuita.
En “Formigas no peto”, Ítaca Teatro afonda na capacidade do teatro para comunicar e transmitir emocións e dá un paso máis na experimentación con códigos contemporáneos. Deste xeito, embárcase nunha creación colectiva cunha dramaturxia propia, realizada por Ana Carreira e José Campanari, baseada no traballo de narrador e de improvisación do protagonista, Carlos Rebolo.