lunes, 8 de noviembre de 2021

Teatro na Casa da Cultura

Esta semana volve o teatro á Casa da Cultura. O sábado 13 de novembro ás 20h O Grupo Nova Escena Teatro, de Lugo, representará a obra "A Tortilla e a Peste".Varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados ao mundo a través do finísimo fío da tecnoloxía.
Entrada gratuita.


lunes, 25 de octubre de 2021

Actividades para o fin de semana de Samaín

Entramos na semana do Samaín con varias actividades. O sábado 30 ás 19h a charla divultagiva sobre as aves mariñas da costa da Mariña e Ortegal, con especial atención ás aves que aniñan na Coelleira. E xa o domingo 31 o reparto de agasallos a nenos e nenas que participen na actividade da APA do Samaín e o magosto popular que se irá desprazando por todas as actividades polas paroquias. Por seguridade e evitar aglomeracións non se vai facer este ano o tradicional desfile de Samaín, agardamos xa celebralo con forza o ano 2022!!



miércoles, 13 de octubre de 2021

Teatro no Vicedo. Pinconús

 O vindeiro sábado 16 de outubro ás 20h representarase a obra Pinconús, a cargo de Pinconús Teatro. Trátase dunha obra familiar apta para todos os públicos onde mesmo hai cancións interpretadas en directo polo que será todo un espectáculo para a tarde do sábado.



lunes, 4 de octubre de 2021

Teatro infantil o xoves 7 de outubro

 Esta semana temos teatro infantil no Vicedo!. Trátase dunha pequena obra de Teatro Ghazafelhos chamada "A Caixa sen Pandora". Será este xoves ás 16:45h e está destinada a nenos e nenas de 5 a 14 anos. É unha actividade máis da campaña de animación á lectura Ler Conta Moito. Entrada gratuita.



lunes, 27 de septiembre de 2021

 Esta semana propoñemos unha actividade de animación á lectura, dentro de "Ler Conta moito". Trátase do clown Moc Moc que estará no Salón de Actos da Casa da Cultura o próximo xoves 30 de outubro ás 16:30h.



lunes, 16 de agosto de 2021

Esta semana...Xeoruta e música galega

Esta semana...Xeoruta e Música galega. Unha nova semana de agosto con actividades socioculturais, nesta ocasión o mércores pola tarde unha xeoruta pola zona do Rio Sor á altura de Ponte Segade, Salustio, Cubelas e Auga Caída (as prazas están agotadas e está aberta lista de espera por se hai baixas).

Xa o xoves ás 21:30h, un concerto na terraza da Casa da Cultura a cargo de "Acordeireta", un grupo formado por Patricia González e Alejandro Balbuena onde a música do acordeón e a pandeireta acompañados polas súas voces formarán un concerto moi variado de música galega. Nesta actividade haberá control de acceso e será obrigatorio estar sentado nas sillas habilitadas para o concerto, respectando a normativa actual en materia de concertos da Xunta de Galicia.




lunes, 9 de agosto de 2021

Esta semana...Sendeirismo/kayaks, premios do concurso fotográfico e Charanga Brassica Rapa. Comezamos unha das semanas máis importantes de agosto e aportamos por actividades moi diversas.

O mércores 11, sendeirismo/kayaks cunha divertida ruta entre o mirador de Muronovo e Ribeiras do Sor (sendeirismo) e entre Ribeiras do Sor e o porto do Vicedo (kayaks).Esta ruta ten as prazas agotadas xa.
O xoves 12 ás 20:30h na Casa da Cultura será a entrega de premios do Concurso de fotografía Turística Concello de O Vicedo, neste caso dedicado ao patrimonio histórico (aínda estades a tempo de participar se presentades as fotografías antes das 14h de mañá martes).
O Venres 13 a charanga femenina Brassica Rapa amenizará a tarde-noite do Vicedo cos seus ritmos pegadizos polas rúas e locais hosteleiros do núcleo do Vicedo. Será a partir das 21h.




jueves, 29 de julio de 2021

jueves, 22 de julio de 2021

Presentamos o concerto de Andrea Pousa para a noite do sábado 31 de xullo. Iremos informando máis ampliamente pero o concerto forma parte da súa xira retorno que a leva por varias localidades galegas. Tomaranse todas as medidas necesarias para un desenvolvemento seguro do concerto.



lunes, 12 de julio de 2021

 Esta semana...música e sendeirismo nocturno.

Comezamos unha nova semana con actividades, nesta ocasión concentradas no mércores 14. Ás 20h música rock infantil con Paco Pakolas e Laura Romero co espectáculo "Ti debuxas, eu C@nto con Ramona Órbita". Un espectáculo de animación á lectura subvencionado pola Xunta de Galicia en Ler Conta Moito.
E ás 22:30h a ruta nocturna que parte da zona da Ponte sobre o Sor e remata na praia de Xilloi con chocolatada opcional por 2 €. Unha actividade para toda a familia para as noites de verán. Inscricións no 982 59 01 95 ou no mail omix@concellodovicedo.org.



miércoles, 23 de junio de 2021

 Actividade dirixida a xóvenes desde os 10 anos e que estean empadroados no Concello do Vicedo. Unha actividade gratuita na que disfrutar da costa, das praias, dos amigos. Número limitado de participantes. Inscricións no 982 59 01 95.



lunes, 7 de junio de 2021

 Esta semana... presentamos o libro "Sucesos marítimos do Porto do Vicedo", de Hixinio Puentes, onde se repasa a historia de diferentes sucesos marítimos dos que o autor puido recopilar información en diferentes fontes, e que teñen como punto en común que tiveron lugar na zona marítima do Vicedo ou con protagonistas do Vicedo. O libro contén tamén unha morea de curiosidades sobre a zona e o mundo do mar que o fan moi ameno. A edición do libro contou coa axuda económica da Deputación de Lugo.

A presentación será este sábado 12 de xuño ás 12 da mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura e contará coa presencia do propio autor, Hixinio Puentes e do alcalde do Vicedo, Jesús Novo. Debido ás limitacións sanitarias da COVID-19, lembramos que o aforo será limitado.