Aula Cemit O Vicedo |
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
jueves, 28 de febrero de 2013
Reapertura da Aula Cemit O Vicedo
Desde esta semana o Centro da Aula Cemit O Vicedo está aberto en horario de tarde (16h a 20h). En breve irase informando dos diferentes cursos que se van impartir e tamén está aberta xa a posibilidade de suxestións de cursos que precisedes tanto colectivos concretos como asociacións ou persoas a nivel individuais. Organizaranse charlas e cursos para todos os niveis. Podedes consultar as novidades da aula no seguinte enlace:http://cemit.xunta.es/es/centro/56
martes, 26 de febrero de 2013
lunes, 25 de febrero de 2013
jueves, 21 de febrero de 2013
Karaoke na Casa da Cultura
A OMIX
de O Vicedo (Oficina Municipal de Información Xuvenil) organiza este venres 22
de febreiro un karaoke con máis de 200 cancións a elexir de todos os estilos.
Haberá dúas sesións, unha infantil a partir das 17h30 e outra para maiores de 16
anos e adultos a partir das 22h.
Esta actividade organízase no marco
das actividades que se veñen desenvolvendo desde a OMIX todos os venres do
inverno e que están dirixidas á dinamización sociocultural dos xóvenes do
municipio. Exemplo doutras actividades desenvolvidas son as proxeccións de cine,
noites de xogos de mesa, noites de videoconsolas, etc. A previsión para as
próximas datas é de organizar máis noites de xogos de mesa, campionatos de tenis
de mesa, proxección de curtametraxes, etc.
Fotografía doutra edición de karaoke |
lunes, 11 de febrero de 2013
martes, 5 de febrero de 2013
Noite de Xogos e Música...
Haberá
dous grandes espazos de xogo, un con mesas de ping pong (organizaranse
pequenos minitorneos durante toda a noite) e outro con grandes mesas
para os xogos de mesa ós que se poderá xogar individualmente ou en
grupos a xogos tan coñecidos como os que figuran na imaxe e outros como
o Scrabble (no que se inspira o famoso apalabrados), cifras e letras,
etc)
A Actividade diríxese principalmente a ADULTOS pero poden partiricipar tamén maiores de 16 anos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)