Nesta semana de celebración das Letras Galetas, chega o turno para a narración oral. Xarope Tulú achegarase de novo ao Vicedo para ofrecer o seu contacontos Estrafalaria, onde Atenea Garcia ofrece un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos e onde o público participa activamente no relato. Será o xoves ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo e está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos que queiran pasar un bo rato escoitando relatos de Atenea.
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
miércoles, 18 de mayo de 2022
jueves, 21 de abril de 2022
Música Miúda en Concerto no Vicedo
Comezan as actividades de Animación á Lectura a través da campaña da Xunta de Galicia e Concello de O Vicedo, dentro do programa Ler Conta Moito. A primeira actuación é musical. Trátase do grupo Música Miúda, que actuará na Casa da Cultura do Vicedo o xoves 28 de abril a partir das 17h.
Entrada libre.
lunes, 4 de abril de 2022
Estrea Curtametraxe Jakobsland o sábado 9 de abril ás 19:30h
Estreno da curtametraxe "Jakobsland". O sábado ás 19:30h estrenaremos no Vicedo a curtametraxe Jakobsland, gravada integramente na nosa comarca entre os Concellos de O Vicedo e Mañón. Lembramos que para asistir hai que anotarse no 982 59 01 95 ou por mail a omix@concellodovicedo.org
jueves, 31 de marzo de 2022
Teatro no Vicedo: O Grupo Andanzas representa "Olvida los Tambores" na Casa da Cultura do Vicedo
miércoles, 23 de marzo de 2022
Actuación do Coro Sons de Celeiro na Casa da Cultura o sábado 26 de marzo
O sábado 26 de marzo ás 19:30h o Coro Sons de Celeiro actuará na Casa da Cultura do Vicedo. Trátase dunha nova actuación deste coro no Vicedo presentando cancións moi coñecidas por todos os amantes desta música. A entrada é gratuita.
viernes, 25 de febrero de 2022
Estrea da curtametraxe Jakobsland
Xa podemos confirmar día e hora para a presentación oficial da curtametraxe Jakobsland, que foi gravada nas nosas terras ao longo do mes de setembro de 2021 e que trata de recrear a chegada dos viquingos á nosa costa. Os Concellos de O Vicedo e Mañón van habilitar autobuses para poder desprazarse gratuitamente á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela ese día e poder disfrutar todos xuntos da estrea. Para asistir debedes anotarvos no mail: omix@concellodovicedo.org ou no teléfono 982 59 01 95 (independemente de se vades ou non no autobús, hai que inscribirse)