martes, 23 de mayo de 2017

Artigo sobre o xornal escolar O Estrobo

Compartimos un interesantísimo artigo publicado por Vicente Míguez no xornal El Progreso o pasado 19 de maio no cal repasa a historia do xornal escolar O Estrobo.

martes, 16 de mayo de 2017

Pavís Pavós encheron de contos o escenario da Casa da Cultura do Vicedo

En plena semana das Letras Galegas, os nenos e nenas do Vicedo puideron disfrutar dunha sesión de contos infantís a cargo de Pavís Pavós esta tarde na Casa da Cultura do Vicedo. Houbo contos de medo, de animais, historias de sempre que atraparon a atencións dos máis pequenos. Aquí podedes ver unha pequena mostra fotográfica desta actividade






lunes, 15 de mayo de 2017

Comezamos a semana do Día das Letras Galegas cunha actividade de animación á lectura. Trátase de Pavís Pavós que traen mañá martes ás 17:30h o espectáculo de contacontos "CONTOS QUE DEIXAN PEGADA". O espectáculo está destinado a nenos e nenas maiores de 4 anos e a entrada é gratuita.

domingo, 14 de mayo de 2017

Próximas actividades culturais

As próximas actividades culturais teñen moito que ver coa proximidade do Día das Letras Galegas. O martes 16 ás 17:30h os Contacontos Pavís Pavós chegan ao Vicedo para unha sesión de contacontos  coa actividade "contos que deixan pegada". 
O venres 19 hai 2 actividades: Ás 12:30h será a presentación da Romaxe Viquinga 2017, que contará coa presencia de autoridades locais, provinciais e autonómicas, O Mago Queiman e Pousa e o arqueólogo Iñaki Sagredo.
Xa pola noite do mesmo venres haberá unha actuación musical dos vocalistas da orquesta Poceiro Miguel Torres e Luis Rey (a partir das 22:30h.
Finalmente o sábado 20 ás 18h un concerto do grupo Sons de Celeiro, que xa actuara con gran éxito no mes de novembro na propia Casa da Cultura.  Ademais, lembramos que o sábado 20 e o domingo 21 será a segunda parte da Ruta de Pinchos que se traslada nesta ocasión aos locais de San Román, Folgueiro e Abrela.

martes, 2 de mayo de 2017

Ruta de pinchos Concello de O Vicedo

Un ano máis diferentes locais hosteleiros de todo o municipio organiza a xa tradicional ruta de pinchos. Celebrarase en 2 fins de semana e o prezo de cada pincho será de 1,50 €. Este ano, da mesma forma que o ano pasado haberá un premio ao mellor pincho elixido polo público. O público tamén pode saír premiado xa que entre todos os votantes sortearanse 2 vales de compra de 100 €, donado polos establecementos participantes.
As rutas son o 12 e 13 de maio no Vicedo e o 20 e 21 de maio en San Román, Folgueiro e Abrela.

Lucía Aldao e María Lado actúan no Vicedo

Esta semana presentamos unha actividade moi interesante. Temos a oportunidade de ver no Vicedo a Lucía Aldao e María Lado presentando o seu espectáculo: Con dez poemas por barba. Non perdades a oportunidade de asistir a un recital cheo de música, risas. Lembramos que o espectáculo está dirixido principalmente a maiores de idade ainda que tamén poden asistir maiores de 12 anos. Entrada gratuita