martes, 31 de julio de 2012

Ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo

Aquí se pode ver o track da ruta de sendeirismo que se vai percorrer mañá mércores. Hai que lembrar que o punto de encontro é o apeadeiro FEVE do Vicedo (o tren pasa ás 9h44) e desde alí irase ata a estación de "Mosende" para baixar desde alí ata a praia de Area Grande e comezar a ruta.

lunes, 23 de julio de 2012

subida do Río Sor en Kayaks

A 3ª actividade de ocio activo de natureza deste mes será unha ruta de kayaks que mañá martes ás 19h partirá do porto do Vicedo para cruzar a ría e subir un tramo do Río Sor, aproveitando a marea, e alcanzar o punto de Ribeiras do Sor. Despois os participantes regresarán ó punto de partida en furgonetas da organización. Anotacións na Casa da Cultura ata mañá antes das 15h
Fotografía da edición da semana pasada

martes, 17 de julio de 2012

Baixada do Río Sor en Kayaks

Mañá mércores ás 19h: ATARDECER NO RÍO SOR EN KAYAKS Punto de encontro: Porto do Vicedo. Desprazarémonos en furgonetas da organización ata Ribeiras do Sor para facer o Descenso do Río Sor e cruzar a ría ata o porto do Vicedo. Duración: 2 horas. Prezo: 15€. Anotacións na Casa da Cultura (982 59 01 95)

lunes, 16 de julio de 2012

Fotos festa turismo rural 2012

Cun gran ambiente e moi bo tempo celebrouse a XIV edición da Festa do turismo rural. Cun amplio programa de actividades foise desenvolvendo toda a festa comezando pola misa, abundantes pinchos nunha carpa instalada a tal efecto, carreiras de cabalos e finalmente unha verbena moi animada.

martes, 10 de julio de 2012

Ruta de sendeirismo por Xove (Ruta dos Muiños)

Sairemos de Vicedo no tren das 9h44 e regresaremos tamén no tren saíndo ás 15h38 de Xove. Trátase dunha ruta duns 12 km (6 de ida e 6 de volta) para visitar unha zona de muiños restaurados na parroquia da Regueira, en Xove. 
Hai que levar roupa e calzado adecuado para camiñar por un sendeiro ao lado do río e tamén algún bocadillo e bebida. A ruta é de dificultade moi baixa. 
Punto de encontro: Apeadeiro FEVE do Vicedo ás 9h30.