lunes, 7 de diciembre de 2015

Actividades nadal 2015-2016

Para este nadal temos preparadas actividades de participación para que nos nenos e nenas así como os adultos teñan opción de diversión cada día do nadal. 
-O xoves 17 de decembro en horario escolar os nenos e nenas do colexio do Vicedo visitarán a Aula Cemit para participar en videoconferencia con Papá Noel e pedirlles así os regalos. 
-O luns 21, coa colaboración da APA do Vicedo, está previsto que comecen os ensaios do Festival de nadal (previsto para o domingo 3 de xaneiro). Os ensaios serán en horario de mañá para os xóvenes e adultos e en horario de tarde para os nenos máis pequenos. 
-Finalmente, ademais do propio festival, non pode faltar o tradicional viaxe a Xuvenlugo (antiga Lugolandia). Será o sábado 9 de xaneiro. 
-Ademais destas actividades propias, a APA ten previsto organizar algunha actividade máis ao longo do nadal. Seguiremos informando.

jueves, 12 de noviembre de 2015

Sinopse da obra de teatro que Debulla Escenika representará no Vicedo o sábado ás 19h

O grupo de teatro de Lugo, Debulla Escénika, a través da Asociación Nordés, representará este sábado ás 19h e con entrada gratuita, a obra PERVERSONS. Poñemos aquí a sinopse da obra, que está destinada principalmente a público adulto.

lunes, 26 de octubre de 2015

Desfile de Samaín 2015

Celébrase este vindeiro sábado día 31 de outubro a 13ª edición do Desfile de Samaín do Vicedo. Unha actividade que comezou no ano 2003 como unha mostra do obradoiro de calabazas que se facía en "manualidades" a cargo da monitora Conchi, e que foi rapidamente consolidándose e medrando cun desfile onde os participantes se disfrazaban con sabas brancas, con calabazas iluminadas, con rúas escuras, con berros e cánticos...
Durante todos estes anos a celebración foi aumentando en toda Galicia e xa se celebra tamén nos colexios, centros sociais, comerciais, etc, pero aquí foi un dos primeiros lugares da comunidade onde se celebrou.
Este ano o Samaín é o sábado así que esperamos unha gran participación tanto de xente do pobo como de toda a comarca. Prepararemos desde o mércores pola tarde as calabazas que teñamos e prepararemos tamén algún tipo de adornos para a festa final de remate de desfile, con merenda para todos os participantes, a cargo da ANPA do Vicedo.

Os horarios dos preparativos son os seguintes:
-Mércores 28 a partir das 17h15: Preparación das calabazas grandes que se colocarán polas rúas por onde pasará o desfile.
-Xoves 29 a partir das 17h15: Preparación das calabazas coas que os nenos desfilarán e que se deben de traer da casa. (Non é obrigatorio ter participado neste obradoiro deste día para poder desfilar) e preparación dos adornos da festa final. Os nenos de infantil e Primaria deben estar acompañados polos pais ou nais.
-Venres 30 pola mañá e pola tarde: Preparación  das calabazas grandes que se colocarán  polas rúas por onde pasará o desfile.

Para poder desfilar e facer máis vistosa a actividade, pedimos que tanto os adultos como os nenos vaian vestidos con sábanas brancas ou camisetas o mais largas posible dese color. Tamén pedimos que traiades unha calabaza da casa xa preparada para desfilar. Xa o sábado pola tarde, a partir das 18:30, pintaremos a todos os participantes  preparándoos para o gran desfile.
Organizan: Concello de O Vicedo e ANPA do Vicedo.

lunes, 19 de octubre de 2015

A Biblioteca Pública Municipal de O Vicedo

O vindeiro sábado día 24 é o Día das Bibliotecas, un bo momento para lembrar que na Casa da Cultura tedes a disposición unha biblioteca pública municipal, integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia, na que dispoñedes dos servicios típicos de calquera Biblioteca como préstamo a domicilio de libros, prensa diaria, acceso a internet tanto desde ordenador como a wifi de acceso libre, etc. Esta semana iremos desde aquí lembrando os diferentes servizos da biblioteca así como as características principais da colección. Ademais, acabamos de repartir entre os escolares de Primaria e Infantil este folleto que aparece nas imaxes, para dar unha maior
difusion entre os nenos e as súas familias.


viernes, 9 de octubre de 2015

Esta semana teatro no Vicedo

Esta semana temos a oportunidade de ver no Vicedo a compañía Hipócrita teatro, de Lugo, representando a obra Emperador, que pensas? Fala!!. Trátase dunha obra apta para todos os públicos. Será mañá sábado ás 20h na Casa da Cultura
Aquí podedes ver unha galería fotográfica da obra representada noutras localidades.
https://picasaweb.google.com/109940294350376607316/EMPERADORQUEPENSASFALA?feat=flashalbum#

miércoles, 19 de agosto de 2015

Fotografías das ruta de sendeirismo entre a Costa de Loiba e O Vicedo

Hoxe máis de 60 persoas disfrutamos dunha espectacular ruta duns 12 km pola Costa de Loiba, O Barqueiro e O Vicedo. Favorecidos por un soleado día de verán puidemos apreciar a beleza da costa da comarca. Trasladámonos en tren ata o apeadeiro de Loiba e, desde alí, viñemos camiñando ata O Vicedo pasando polas praias de O Carro, O Picón, Esteiro, Chamadoiro e Arealonga.

lunes, 17 de agosto de 2015

Esta semana no Vicedo: Sendeirismo e tenis de mesa

Esta semana temos previstas 2 actividades socioculturais. En primeiro lugar, dentro dos mércores de natureza, achegarémonos á coñecida Costa de Loiba para andar o camiño entre Ribeira do Carro e o Porto do Barqueiro. Trátase dunha ruta duns 10 km que percorrerá os seguintes puntos de Interese: -Praia de Ribeira do Carro: Vese unha espectacular praia onde tradicionalmente se recolleron algas para uso industrial e alimentario. -O Banco de Loiba: O supercoñecido banco que ofrece unha fermosa vista sobre a Ría de Ortigueira. -Praia e lugar de Picón: Praia moi brava e lugar de Picón onde hai restos dun muiño de vento. -Praia de Esteiro no Barqueiro, praia moi fermosa e apta para deportes como surf. -Porto do Barqueiro: O pequeno e pintoresco porto do Barqueiro na desembocadura do Río Sor. A ruta deste mércores está orientada para acceder a ela por transporte público, concretamente no tren de FEVE que percorre a comarca. Así, o punto de encontro será o apeadeiro de FEVE no Vicedo ás 12h45 para coller o tren das 13h. Desde alí desprazarémonos en dito tren ata o apeadeiro de Loiba para iniciar alí a marcha. Para regresar hai 2 posibilidades, tomar o tren que pasa polo Barqueiro ás 17h ou mesmo regresar a pé ata O Vicedo desde O Barqueiro. Máis información e inscrición no 982 59 01 95 e no mail concello@concellodovicedo.org Por outra banda, entre o mércores 19 e o domingo 21 de agosto celebrarase unha nova edición do campeonato de tenis de mesa nas instalacións da Casa da Cultura do Vicedo. Hai 2 categorías, xuvenil e adultos e organizarase do seguinte xeito: Mércores e venres a partir das 19h: Torneo xuvenil Xoves e venres a partir das 20h: Torneo adultos Hai premios para os 2 primeiros de cada categoría e a inscrición é de 3 € Máis información e inscrición no 982 59 01 95 e no mail concello@concellodovicedo.org



miércoles, 12 de agosto de 2015

Fotografías da ruta de sendeirismo e kayaks

Celebrouse esta mañá a ruta mixta de sendeirismo e kayaks entre Barqueiro e Bares. Máis de 50 persoas participaron nas dúas partes que comezaron co ascenso ata a zona da mina Sonia de Cuarzo para, a continuación, irse achegando ata a zona da Garita de Bares e ir baixando ata a Vila de Bares e, finalmente, ata o porto de Bares. Hai que destacar que para esta primeira parte de sendeirismo participaron uns 60 camiñantes.
A continuación os participantes embarcaron en kayaks para percorrer esa parte da Ría para chegar, de novo, ó porto do Barqueiro. Foi unha xornada de temperaturas moi agradables e nunhas condicións perfectas para o sendeirismo e os kayaks.

lunes, 10 de agosto de 2015

Esta semana: Sendeirismo/kayaks e karaoke

Continúan as actividades de verán esta semana con 2 actividades moi interesantes.
A actividade de mércores de natureza será unha actividade mixta de sendeirismo e kayaks que tivo que ser aprazada polo mal tempo o pasado 29 de xullo. Será este mércores 12 de agosto e comezaremos percorrendo a ruta de sendeirismo entre o Porto do Barqueiro e o Porto de Bares, que ten uns 10 km e que pasa polos seguintes puntos de interese: Porto do Barqueiro, canteira de kañoles, garita de Bares, Vila de Bares e Porto de Bares. Esta ruta percorre parte do Camiño dos Arrieiros e hai tamén varias mámoas  ao longo do percorrido. Hai que destacar tamén as fermosas vistas das Rías que hai desde varios puntos da ruta. A continuación embarcarémonos nos kayaks para facer o camiño de volta por mar entre os portos de Bares e Barqueiro pasando pola praia de Vilela. Aínda que a actividade está deseñada para facer completa, hai posibilidade de facer só sendeirismo (sería gratuito) ou só kayaks (15 € por persoa). En caso de facer a actividade completa tamén costaría 15 € por persoa.
Para participara na actividade é necesario anotarse no teléfono 982 59 01 95  ou no mail concello@concellodovicedo.org. O punto de encontro para iniciar a actividade será o porto do Barqueiro ás 10h.
 
Por outra banda, o xoves teremos unha actividade moi divertida e que ameniza os veráns do Vicedo. Trátase do Karaoke de verán. Na terraza da Casa da Cultura instalarase todo o equipo necesario para pasar unha divertida noite musical. Comezará ás 22h30 e está destinado a adultos e xóvenes.

miércoles, 5 de agosto de 2015

Kayaks polo Río Sor

Hoxe mércores é a excursión en kayaks remontando o Río Sor. O punto de partida é o porto de O Vicedo ás 19h e chegarase as Ribeiras do Sor, aproximadamente, ás 21h. No percorrido crúzase a Ría, pásase por debaixo das pontes para ir remontando o Río Sor, axudado polas correntes da marea. Despois pasamos moi preto da Illa de San Martín, a zona de Creximil e a chegada á area Recreativa de Ribeiras do Sor. O prezo é de 15€ por persoa e aínda vos podedes anotar antes das 14h de hoxe no 982 59 01 95

Programación sociocultural agosto 2015

lunes, 27 de julio de 2015

Este mércores día 29 de xullo a actividade de mércores de natureza será unha actividade mixta de sendeirismo e kayaks. Comezaremos percorrendo a ruta de sendeirismo entre o Porto do Barqueiro e o Porto de Bares, que ten uns 10 km e que pasa polos seguintes puntos de interese: Porto do Barqueiro, canteira de kañoles, garita de Bares, Vila de Bares e Porto de Bares. Hai que destacar tamén as fermosas vistas das Rías que hai desde varios puntos da ruta. A continuación embarcarémonos nos kayaks para facer o camiño de volta por mar entre os portos de Bares e Barqueiro pasando pola praia de Vilela. Aínda que a actividade está deseñada para facer completa, hai posibilidade de facer só sendeirismo (sería gratuito) ou só kayaks (15 € por persoa). En caso de facer a actividade completa tamén costaría 15 € por persoa.
Para participara na actividade é necesario anotarse no teléfono 982 59 01 95  ou no mail concello@concellodovicedo.org. O punto de encontro para iniciar a actividade será o porto do Barqueiro ás 10h.


miércoles, 22 de julio de 2015

Fotografías da excursión á Costa de Xove

Mostramos as fotografías da ruta de sendeirismo que unhas 30 persoas realizamos esta mañá pola costa de Xove. Acompañounos o bo tempo ao longo do percorrido e puidemos disfrutar dunhas vistas fermosas de varios puntos clave como a Illa de Sarón, o Castro de Coto da Vela, a praia de Portocelo, as ruinas de San Tirso e o Faro de Roncadoira.

lunes, 13 de julio de 2015

Ruta de sendeirismo pola costa oriental do Vicedo.

Este mércores día 15 celebrarase a segunda actividade dos mércores de natureza que se organizan todos os veráns desde a Casa da Cultura do Vicedo. Neste caso trátase dunha ruta de sendeirismo duns 10 km que percorrerá a costa máis oriental do Concello de O Vicedo. Para iso, comezarase ás 10h desde a praia de Abrela a percorrer o sendeiro azul Abrela-Punta Socastro, pasando polas praias de Porto de Val e Alecrín ata chegar á espectacular Punta Socastro, despois emprenderase o camiño de volta para incorporarse á Ruta do Cantábrico ata chegar á Praia de Areagrande, na parroquia de San Román. A actividade é gratuita e o punto de encontro será a praia de Abrela.
Praia de Alecrín

lunes, 6 de julio de 2015

Comezan as actividades de natureza no Vicedo

Desde fai uns anos todos os mércores do verán véñense organizando os chamados "mércores de natureza". Trátase de actividades que tratan de resaltar a beleza natural da nosa comarca combinado con actividade física lixeira en forma de rutas de sendeirismo, rutas en kayaks ou mesmo a combinación das dúas. 
 A primeira destas actividades de natureza será este mércores e consiste na Baixada do Río Sor en kayaks, o punto de encontro será o porto do Vicedo ás 10h30 e desde alí vehículos da empresa Actividades Estaca desprazarán aos asistentes ata Ribeiras do Sor para alí meterse no río e comezar o descenso que os traerá de novo ata o Porto do Vicedo. Trátase dunha actividade dunhas 2 horas de duración en kayaks insumerxibles e moi doados de manexar polo que se convirte nunha actividade moi interesante para familias. A actividade ten un custe de 15€ por persoa e hai que anotarse no 982 59 01 95 ou omix@concellodovicedo.org

miércoles, 27 de mayo de 2015

Teatro

O teatro afeccionado volve ao Vicedo. Despois da fantástica actuación de Pepe Penabade a semana pasada representando ao afiador, o grupo Teatro Crea de Viveiro representará a obra Xoguetes cómicos o sábado 30 de maio ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo. A entrada é gratuita e a obra é apta para todos os públicos.

lunes, 11 de mayo de 2015

Fotos da Ruta de Pinchos 2015

Cunha aceptable participación de clientes celebrouse unha nova edición da Ruta dos pinchos Concello de O Vicedo. Hai que destacar o esforzo dos establecementos participantes na ruta en innovar e ofrecer as súas mellores ideas para a ocasión. Graciñas a todos por participar.Se pinchades no icono de diálogo podedes ver a que local pertence cada pincho.

martes, 5 de mayo de 2015

Programación sociocultural maio 2015


Actividade de animación á lectura na Biblioteca do Vicedo.

Mañá mércores ás 17h30 na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha nova actividade de animación á lectura. Trátase de "Cantacontos", un espectáculo de Raquel Galavís onde música e historias se entrelazarán para configurar esta actividade de animación á lectura que forma parte do programa LER CONTA MOITO, cofinanciado polo Concello de O Vicedo e a Consellería de Cultura. A actividade está destinada e nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria e é gratuita. A actividade está aberta a nenos e nenas de toda a comarca.

jueves, 23 de abril de 2015

Uns 25 nenos de Educación Primaria participaron na actividade  "Crea Fósiles de dinosauros" impartida por Mau Marela dentro do programa de animación á lectura da Xunta de Galicia e o Concello de O Vicedo LER CONTA MOITO. Durante o obradoiro os nenos puideron ver un audiovisual sobre os dinosauros e despois crearon os seus propios fósiles de dinosauros. Un gran nivel de participación e motivación deron como resultado unha actividade moi satisfactoria para todos. 





viernes, 17 de abril de 2015

karaoke de primavera

Chega a primavera e achégase a música á Casa da Cultura. Esta noite, a partir das 22h podedes achegarvos a cantar as vosas cancións favoritas. hai máis de 300 cancións a elixir desde o máis clásico ata o máis moderno. Animádevos a soltar a voz e pasaremos un rato de diversión.

jueves, 16 de abril de 2015

Aventuras na Cociña estivo no Vicedo

Onte tivo lugar a actividade de animación á lectura "Aventuras na cociña", que esta vez se celebrou na propia Biblioteca Pública do Vicedo e que tivo moi boa participación de nenos e maiores. Ademais da promoción da lectura, os nenos e maiores aprenderon hábitos de alimentación saudables, propostas moi creativas e artísticas de presentación de pratos e mesmo nos contos tamén o respecto polos maiores a través dun dos contos. 







lunes, 13 de abril de 2015

Aventuras na cociña

Este mércores 15 de abril a partir das 17h30 na Casa da Cultura do Vicedo teremos un contacontos moi especial, trinketrinke teatro presenta Aventuras na Cociña, unha actividade que pretende inculcar nos nenos os hábitos alimenticios saudables así como estimular a súa creatividade cunha proposta narrativa moi orixinal.
Actividade gratuita dirixida a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.

jueves, 5 de marzo de 2015

campeonato de tute e reinicio da actividade da Aula Cemit

A Aula Cemit reinicia as súas actividades na planta sótano da Casa da Cultura en horario de 16h a 20h. Poden anotarse xa para os diferentes obradoiros que ten previsto organizar. Aquí tedes os horarios dos diferentes cursos e obradoiros que ten previsto organizar: 

Por outra banda, presentamos o cartel do xa tradicional campeonato de tute 2015

jueves, 8 de enero de 2015

Algunhas fotos do Festival de nadal cun gran éxito de participación de nenos e nenas e mesmo algún adulto. Moitas gracias a todos os nenos e nenas por participar e á xente da Apa Vicedo pola colaboración na organización desta actividade xa que non sería posible sen elas. Tamén por suposto graciñas aJorge Baltar e Andrea Miradouro. Foi un pracer traballar con vós, entre todos conseguimos ofrecer unha actividade para todo o nadal cun gran remate o día do festival.