domingo, 30 de diciembre de 2007

Éxito dunha nova edición do karaoke playback de nadal

Un ano máis, nenos de todo o municipio actuaron no Karaoke playback de nadal ante un numeroso público que se puido deleitar con cancións de La quinta estación, Rebelde, Quim Barreiros...
Case ó final do festival a APA sorteou unha cesta de ameixas entre todo o público asistente.

jueves, 27 de diciembre de 2007

Fotos da viaxe a Lugolandia

Un ano máis, máis de 80 persoas nos desprazamos a Lugo para disfrutar das atraccións situadas no recinto ferial de Lugo. A xornada foi moi divertida e os nenos e maiores xa esperan a edición do 2008.










viernes, 21 de diciembre de 2007

Papa Noel visitou o PAI de O Vicedo

O venres 22 de decembro Papá Noel visitou o PAI de O Vicedo onde agasallou ós nenos con regalos para celebrar estas festas de nadal. A continuación os nenos disfrutaron dos xoguetes.


jueves, 20 de diciembre de 2007

Entregados premios do concurso postais de nadal

Esta tarde entregáronse os premios do concurso de postais de nadal para nenos entre 6 e 11 anos. Os premios foron os seguintes:

-Categoría Infantil (6, 7 e 8 anos): 3º premio: Ainhoa (8 anos), 2º premio: Chus (6 anos), 1º premio: Lara (8 anos)

-Categoría xuvenil (9- 12 anos): 3º premio: María Mercedes (11 anos), 2º premio: Andrea (9 anos), 1º premio: Silvia (10 anos)

Hoxe entrega de premios do Concurso de postais de nadal, mañá Papa Noel Visita o PAI

Hoxe ás 17:15h entregaranse os premios ós gañadores do concurso de postais de nadal. Hai un total de 25 participantes entre 6 e 11 anos. Haberá 3 premios por categoría e uns pequenos agasallos para todos.
Por outra banda, mañá ás 11h Papa Noel visitará o PAI de O Vicedo. Seguro que traerá agasallos para tódolos nenos entre 0 e 3 anos que acuden diariamente ó PAI. Mañá colgaranse neste blog varias fotos destes dous actos.

jueves, 13 de diciembre de 2007

O próximo xoves entregaranse os premios do concurso de postais de nadal

O xoves día 20 ás 17:15h entregaranse os premios para as mellores postais de nadal 2007. Os participantes nos obradoiros de actividades están en plena elaboración das súas postais que serán puntuadas polos monitores socioculturais do Concello de O Vicedo. Entregaranse 3 premios por categoría e haberá agasallos para tódolos participantes.


martes, 11 de diciembre de 2007

Blog de emprego do Concello de O Vicedo

Xa se pode visitar o blog da Técnico Local de Emprego (http://empregovicedo.blogspot.com/) que traballa na planta da Casa da Cultura. Alí poderase atopar información sobre ofertas de emprego na comarca, axudas que vaia publicando a Consellería de Traballo tanto para traballadores como para autónomos, etc.
Ademais, tamén todas as axudas de vivenda serán publicadas alí. A Técnico Local de Emprego resolverá calquera dúbida sobre estes temas en horario de luns a venres de 8:30 a 15h e os luns e martes tamén polas tardes.
Pincha aquí para visitar o blog da Técnico local de emprego, tamén hai un enlace directo desde a lista de vínculos deste blog da Casa da Cultura.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Programación para o mes de decembro

-Concurso de postais de nadal.
Celebrarase durante os obradoiros de xogos dos luns no Vicedo e os xoves no Folgueiro, a Entrega de premois será o xoves 20 de decembro ás 17:15h na Casa da Cultura.

-Viaxe a Lugolandia
Un ano máis, o sábado 22 de decembro desprazarémonos a Lugo participar en Lugolandia, trátase dunhas atraccións que se instalan no Recinto Ferial de Lugo (recinto climatizado) e onde un dos pavillóns se dedica a atraccións de feira gratuitas (tren da bruxa, saltamontes, scalextric, coches eléctricos...) e o outro acolle as atraccións máis solicitadas: A pista de xeo (que ten un coste de 3 euros por media hora) e o circuito de karts (que costará 3 euros).
Partiremos do vicedo ás 14:30h e os interesados deben anotarse antes do 19 de decembro. As idades dos participantes deben estar entre os 3 e os 17 anos e os menores de 5 anos deben ir acompañados por polo menos un dos pais.
A viaxe e a entrada no recinto é gratuita. No interior do recinto hai tamén cafetería, postos de chucherías, protección civil, etc.

-Playback-Karaoke de nadal
Será o sábado 29 de decembro ás 19h na Casa da Cultura. A inscrición para cantar debe realizarse antes do 21 de decembro e os ensaios serán entre o 26 e 29 de decembro. As entradas serán de 2 euros para os adultos e 1 euro para os menores de idade. Colabora a APA do Vicedo.

Bebo adxudicouse o Torneo de tenis Concello de O Vicedo

Finalmente o xogador focense Bebo gañou a Pachi nunha disputada final o Torneo de Tenis Concello de O Vicedo. Nun igualadísimo partido, Bebo venceu por 4-6, 7-5, 5-2. O sábado celebráronse as semifinais con partidos dun alto nivel de tenis. Os resultados foron: Pachi-Chucho: 5-7, 7-5, 7-5 e Bebo-Joaquín: 6-1, 6-4. Hai que destacar que este ano o nivel de tenis foi moi alto, participando os mellores tenistas da comarca da Mariña e Ortegal.

viernes, 30 de noviembre de 2007

O premio Planeta 2007 na Biblioteca de O Vicedo

A biblioteca Pública de O Vicedo ven de adquirir 3 novidades para este nadal. Trátase do recente Premio Planeta "El Mundo" de Juan José Millás, "La Suma de los Días", de Isabel Allende e "Mil Soles Espléndidos" de Khaled Hosseini.

Lembramos que o horario da biblioteca é de luns a venres de 10h a a4h e de 16:30h a 20h. Os libros poden levarse prestados á casa durante 15 días e ser socio é gratuito.

lunes, 26 de noviembre de 2007

Resultados do primeiro fin de semana do torneo de tenis

Celebráronse os oitavos de final e cuartos de final do torneo de tenis do Concello do Vicedo. Os resultados foron os seguintes:

Oitavos de final
Ángel Allegue-Marcelo Gradaílle: 2-6, 0-6
Jacobo Gradílle-Pachi: 0-6, 2-6
Fran Rañal-Chucho Romero: 1-6, 0-6
Quelle-Jacinto: 6-3, 6-1
Bebo-Pablo: 6-4, 6-3
Celso-Urbano: 6-0, 6-2
Gervasio-Joaquín: 6-0, 6-2
Soto-Caamaño:6-4, 6-2

Cuartos de final
Marcelo Gradaílle-Pachi: 2-6, 5-7
Chucho-Quelle: 5-7, 6-2, 6-1
Bebo-Celso: 6-1, 6-1
Joaquín-Soto: 6-4, 6-3


O vindeiro fin de semana celebraranse as semifinais que enfrentarán a Pachi con Chucho Romero e a Bebo con Joaquín.

Foto dun partido dos cuartos de final

jueves, 22 de noviembre de 2007

Sorteo do torneo de tenis de O Vicedo

Este fin de semana e o seguinte celebrarase a 9ª edición do torneo de tenis Concello de O Vicedo. O sorteo celebrouse hoxe xoves e os enfrentamentos quedan da seguinte maneira:
10h: Ángel Allegue- Marcelo Gradaílle
11h: Jacobo Gradaílle-Pachi
12h: Fran Rañal-Chucho Romero
13h: Quelle-Jacinto
16h: Bebo-Pablo
17h: Celso-Urbano
18h: Gervasio-Joaquín
19h: Soto-Caamaño

Os partidos son eliminatorios polo que os vencedores pasarán a cuartos de final.


Foto da edición de 2006

lunes, 19 de noviembre de 2007

Celebrouse a festa avós e netos

Un ano máis, a Festa de Confraternidade entre avós e netos foi un éxito de participación e diversión. Todolos participantes puideron degustar un menú a base de entremeses, polbo á feira e carne ó caldeiro e despois participar no sorteo de agasallos para todos. Finalmente houbo música a cargo do Trío Intervalo para rematar esta XI edición.

lunes, 12 de noviembre de 2007

Comezan os obradoiros

O día 5 de novembro no Vicedo e o 8 no Folgueiro comezaron os obradoiros de actividades da Casa da Cultura. Durante este mes serán as presentacións e os obradoiros de cómic.

proxección de Scary Movie 4 o venres 16

Este venres 16 de novembro a partir das 21h proxectarase no salón de actos da Casa da Cultura a divertidísima comedia Scary movie 4. Aquí podedes ver o trailer da película

lunes, 5 de noviembre de 2007

Actividades para o mes de novembro

Durante este mes de novembro están preparadas as seguintes actividades:
-Inicio Obradoiros de xogos. Os obradoiros celebraranse os luns pola tarde no Vicedo e os mércores no Folgueiro. No Vicedo haberá dous turnos e no Folgueiro un turno.
-XI Festa de Confraternidade Avós e netos. Sábado 17 de novembro.13h. Será no polideportivo municipal e consistirá, como nos anos anteriores, nunha comida de confraternidade entre os maiores e os netos.
-Cine: Scary Movie 4. Venres 16. 21h. Casa da Cultura.
-Torneo Tenis 2007. 24, 25 novembro e 1, 2 decembro. Polideportivo municipal de O Vicedo. Un ano máis este campeonato estará dirixido a afeccionados de toda a comarca que deberán pagar unha cota de 3 euros e que se enfrentarán en eliminatoria directa. Haberá trofeos para os 2 primeiros clasificados e a inscrición debe facerse antes do 23 de novembro.

viernes, 2 de noviembre de 2007

Samaín en O Vicedo

Unhas 200 persoas desfilaron polas rúas do Vicedo para celebrar o Samaín. Ataviadas con sabas, aparellos para facer ruido, calabazas iluminadas e moitas ganas de divertirse, percorreron as rúas do centro do municipio cantando, chillando e celebrando esta festa de orixe celta. Ó remate do desfile todos puideron participar nun pequeno magosto co que rematou a festa.