lunes, 26 de octubre de 2015

Desfile de Samaín 2015

Celébrase este vindeiro sábado día 31 de outubro a 13ª edición do Desfile de Samaín do Vicedo. Unha actividade que comezou no ano 2003 como unha mostra do obradoiro de calabazas que se facía en "manualidades" a cargo da monitora Conchi, e que foi rapidamente consolidándose e medrando cun desfile onde os participantes se disfrazaban con sabas brancas, con calabazas iluminadas, con rúas escuras, con berros e cánticos...
Durante todos estes anos a celebración foi aumentando en toda Galicia e xa se celebra tamén nos colexios, centros sociais, comerciais, etc, pero aquí foi un dos primeiros lugares da comunidade onde se celebrou.
Este ano o Samaín é o sábado así que esperamos unha gran participación tanto de xente do pobo como de toda a comarca. Prepararemos desde o mércores pola tarde as calabazas que teñamos e prepararemos tamén algún tipo de adornos para a festa final de remate de desfile, con merenda para todos os participantes, a cargo da ANPA do Vicedo.

Os horarios dos preparativos son os seguintes:
-Mércores 28 a partir das 17h15: Preparación das calabazas grandes que se colocarán polas rúas por onde pasará o desfile.
-Xoves 29 a partir das 17h15: Preparación das calabazas coas que os nenos desfilarán e que se deben de traer da casa. (Non é obrigatorio ter participado neste obradoiro deste día para poder desfilar) e preparación dos adornos da festa final. Os nenos de infantil e Primaria deben estar acompañados polos pais ou nais.
-Venres 30 pola mañá e pola tarde: Preparación  das calabazas grandes que se colocarán  polas rúas por onde pasará o desfile.

Para poder desfilar e facer máis vistosa a actividade, pedimos que tanto os adultos como os nenos vaian vestidos con sábanas brancas ou camisetas o mais largas posible dese color. Tamén pedimos que traiades unha calabaza da casa xa preparada para desfilar. Xa o sábado pola tarde, a partir das 18:30, pintaremos a todos os participantes  preparándoos para o gran desfile.
Organizan: Concello de O Vicedo e ANPA do Vicedo.

lunes, 19 de octubre de 2015

A Biblioteca Pública Municipal de O Vicedo

O vindeiro sábado día 24 é o Día das Bibliotecas, un bo momento para lembrar que na Casa da Cultura tedes a disposición unha biblioteca pública municipal, integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia, na que dispoñedes dos servicios típicos de calquera Biblioteca como préstamo a domicilio de libros, prensa diaria, acceso a internet tanto desde ordenador como a wifi de acceso libre, etc. Esta semana iremos desde aquí lembrando os diferentes servizos da biblioteca así como as características principais da colección. Ademais, acabamos de repartir entre os escolares de Primaria e Infantil este folleto que aparece nas imaxes, para dar unha maior
difusion entre os nenos e as súas familias.


viernes, 9 de octubre de 2015

Esta semana teatro no Vicedo

Esta semana temos a oportunidade de ver no Vicedo a compañía Hipócrita teatro, de Lugo, representando a obra Emperador, que pensas? Fala!!. Trátase dunha obra apta para todos os públicos. Será mañá sábado ás 20h na Casa da Cultura
Aquí podedes ver unha galería fotográfica da obra representada noutras localidades.
https://picasaweb.google.com/109940294350376607316/EMPERADORQUEPENSASFALA?feat=flashalbum#