martes, 31 de julio de 2007

Programación para o mes de agosto

Xa está preparada a programación para o mes de agosto. O fundamental é o seguinte:

RUTAS DE SENDEIRISMO E CANOAS
8 agosto: Sendeirismo/canoas
Xilloi – Ponte do Barqueiro – Porto do Barqueiro (sendeirismo)
Porto do Barqueiro – Praia de Xilloi (canoas)
Saída de Xilloi: 10:30h (A ida e volta en sendeirismo é gratis)

14 agosto: Baixada Río Sor en canoas
Ribeiras do Sor – Porto do Vicedo
Saída do Vicedo en vehículos da empresa: 19:h

21 agosto: Costa de S. Román e Abrela
(nota: Se as condicións do mar non o permiten, farase unha ruta alternativa polo río Sor
Saída de S. Román: 11h

28 agosto: Sendeirismo/canoas
Porto do Barqueiro – Praia Vilela – Porto de Bares (sendeirismo)
Porto de Bares – Porto de Barqueiro (canoas)
Saída do Barqueiro: 10:30h
(A ida e volta en sendeirismo é gratis)

(o prezo por usar as canoas é de 15 euros por persoa e é apto para tódolos públicos.

MÚSICA: TRÍO CUBANO LA HABANA CO ESPECTÁCULO "SONES DE CAMAGÜEY"
Venres 10 agosto.23h. Terraza da Casa da Cultura.

OBRADOIRO DE HIP HOP E BAILES DE SALÓN
A semana do 6 ó 10 de agosto de 19:30h a 20:30h (hip hop) e de 20:30h a 21:30h (bailes de salón). A actividade é gratuita.

CAMPEONATO DE VOLEI PRAIA
Sábado 18 de agosto na praia de Xilloi a partir das 16h. A inscrición é de 6 euros por parella e haberá trofeo e premios en metálico para as 2 mellores parellas.

CONCURSO DE CASTELOS DE AREA
Mércores 22 agosto - 16:30h na praia de Area Grande (S. Román) Haberá varias categorías e premios para tódolos participantes.

Máis información e inscrición nas actividades no teléfono da Casa de Cultura 982 59 01 95

lunes, 30 de julio de 2007

Fotografías actuación Blue Rain

Cunha boa presencia de público o grupo Blue Rain actuou na terraza da Casa da Cultura este pasado vernres 27 de xullo. Durante máis de hora e media o público puido disfrutar desta actuación correspondente ó Cultura na Rúa da Xunta de Galicia e o Concello do Vicedo.

jueves, 19 de julio de 2007

miércoles, 18 de julio de 2007

Fotos baixada río Sor en Canoa

O día 17 de xullo tivo lugar a baixada en canoas polo río Sor. A saída foi ás 20h e participaron unhas 30 persoas que puideron disfrutar da posta do sol en medio do Río Sor. Durante o que queda de mes de xullo haberá dúas rutas máis e en agosto outras catro (poden consultar a programación neste mesmo blog)

lunes, 16 de julio de 2007

Fotos da Exhibición de hip-hop e bailes de salón

Cunha importante presencia de público, celebrouse o venres 13 a exhibición de bailes de salón e hip hop. Uns alumnos moi animados e participativos ofreceron varios números e tamén colaboraron as compoñentes do ballet da Academia Ballanchine. Agárdase que para o ano 2008 participe máis xente e que as clases se extendan dúas semanas en lugar de unha como este ano.



martes, 10 de julio de 2007

Exhibición de Hip Hop e bailes de salón

O vindeiro venres 13 de xullo ás 20.30h celebrarase na Casa da Cultura unha exhibición de hip hop e bailes de salón onde participarán un grupo de rapazas da Academia Ballanchine de Avilés, os alumnos do obradoiro de hip hop que se está celebrando toda esta semana
A entrada é gratuita e animámosvos a asistir porque é todo un espectáculo musical.

lunes, 9 de julio de 2007

9ª edición da Festa do Turismo Rural en Riobarba

Celebrouse esta fin de semana a 9ª edición da Festa do Turismo Rural no Parque eólico de Riobarba. Este ano a festa comezou con moi mal tempo pero finalmente puidose celebrar todo como estaba previsto e cunha notable afluencia de público e cabaleiros.

A festa comezou cunha misa na mesma carpa, a continuación a degustación de productos típicos, a media tarde foron as competicións equinas con participación de cabalos dos municipios cercanos e finalmente unha gran festa na carpa.






martes, 3 de julio de 2007

Actividades socioculturais para o mes de xullo

Durante o verán está previsto que as actividades socioculturais predominantes sexan predominantemente de exterior, aproveitando o fantástico entorno natural do Concello. No mes de xullo está previsto que se celebren 4 rutas de sendeirismo ou canoas ou mixtas durante os 4 martes do mes:



10 xullo. Subida ó Río Sor en Canoa. Saída do Vicedo ás 11h. (o regreso ó Vicedo farase en vehículos da Empresa Actividades Estaca)
17 xullo. Baixada do Río Sor en Canoa. Saída do Vicedo ás 19:30h en vehículos da empresa Actividades Estaca.
24 xullo: Ruta mixta de sendeirismo/canoas. Ruta Xilloi-Arealonga-Ponte Restaurada sobre o Río Sor-Porto do Barqueiro. Regreso en canoas pola Ría ata o porto do Vicedo e, se as condicións do mar o permiten, ata Xilloi. Saída de Xilloi ás 10:30h
31 xullo: Ruta mixta de sendeirismo/canoas: Ruta costa entre o Barqueiro e Bares pasando pola praia de Vilela. Regreso en canoas pola Ría. Saída do Barqueiro ás 10:30h
O prezo por participar nestas actividades será de 15 euros por persoa. Estas rutas tamén se repetirán nos martes do mes de agosto.

Este ano o Concello de O Vicedo participa no programa CULTURA NA RÚA, da Consellería de Cultura. Así, están previstas 2 actuacións musicais ó longo do verán. A primeira será o 27 de xullo ás 23h. e actuará o grupo Blue Rain (Blues, soul, rock…). A entrada será gratuita (para máis información sobre o grupo (escoitar a súa música, fotos, historia... ) poden consultar a páxina www.myspace.com/triobluerain

Ademais destas actividades, a semana do 9 ó 13 de xullo repetirase o obradoiro de danza moderna e hip hop para xóvenes e este ano tamén os adultos terán a oportunidade de asistir a unhas clases intensivas e gratuitas de bailes de salón durante as noites desa semana (a partir das 20:30h).

Ademais, o 8 de xullo celebrarase unha nova edición da Festa do Turismo Rural no mirador do Parque eólico de Riobarba con competicións e unha grande festa na Carpa instalada nese mirador.

Trío Blue Rain