viernes, 21 de octubre de 2022

XVIII Desfile de Samaín no Vicedo

Este ano podemos recuperar unha das citas socioculturais máis peculiares do Vicedo. Trátase do desfile de Samaín, que vai celebrar a súa edición número 18 xa, e que conta coa axuda imprescindible da APA do Vicedo para poderse facer. Será o luns 31 de outubro a partir das 19:30h saíndo da Casa da Cultura, pasando por varias rúas do Vicedo e regresando á Casa da Cultura para compartir todos os participantes unha chocolatada, ofrecida pola APA.
Unha novidade deste ano será o obradoiro de lámpadas terroríficas que organiza a APA o luns pola mañá para nenos e nenas de Primaria, do que informará máis ampliamente a propia asociación.
Lembramos a importancia de seguir a tradición deste desfile de portar traxes brancos (sexa sábanas ou camisetas moi longas) para que os participantes destaquen na noite, xa que as rúas estarán ás escuras durante o percorrido. Agardámosvos con moita alegría despois de 3 anos...