martes, 28 de diciembre de 2010

Viaxe a Xuvenlugo

O vindeiro domingo 2 de xaneiro organizarase, un ano máis, unha viaxe a Xuvenlugo (antiga Lugolandia). Trátase dunha zona de atraccións habilitada no Recinto de Feiras e Exposicións de Lugo onde hai as atraccións típicas dunha festa(coches eléctricos, tren da bruxa, saltamontes...) pero tamén hai actividades de ocio, videoxogos, karts tanto para adultos como para adolescentes, etc. O Concello de O Vicedo fletará transporte ata Lugo e pagará as entradas tanto dos nen@s como dos adultos que desexen acudir. Os nenos menores de 6 anos deberán acudir obrigatoriamente acompañados dun adulto. A idade mínima é 3 anos.
Os interesados deberán anotarse no teléfono da Casa da Cultura antes do xoves 30 de decembro ás 14h00.
Máis información sobre as atraccións que hai en Xuvenlugo pinchando aquí.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Papa Noel visitou o Punto de Atención á Infancia do Vicedo

Hoxe 22 de decembro os nen@s do Punto de Atención á Infancia do Vicedo recibiron unha agradable visita, foi Papa Noel que trouxo agasallos para tódolos nenos e comparteu con eles parte da súa xornada matinal.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Aberto o prazo de inscrición para Xuvenlugo (antes chamada Lugolandia)

Desde hoxe luns 20 de decembro ata o xoves 30 está aberto o prazo para anotarse á viaxe que organiza o Concello de O Vicedo a XUVENLUGO. Trátase de atraccións e actividades socioculturais que se instalan no Recinto feiral de Lugo, nun recinto climatizado e con posibilidades para nenos e xóvenes ata 18 anos.
Hai que anotarse no teléfono 982 59 01 95. É gratuito para todolos nen@s e acompañantes do Vicedo. O Concello de O Vicedo fletará un único autobús para os que queiran asistir. Ademais haberá a posibilidade de ir por libre facéndose cargo o Concello da entrada ó recinto.

martes, 14 de diciembre de 2010

Esta semana 2 charlas: seguridade en internet e 100 anos da sociedade vivero y su comarca

Esta semana, concretamente o venres 17 haberá dúas charlas na Casa da Cultura do Vicedo.

En primeiro lugar unha charla sobre a Internet e a navegación con seguridade, perigos etc. dirixida a xóvenes da ESO e que forma parte do plan de información da Xunta de Galicia "NAVEGA CON RUMBO". Esta charla será ás 18h00 e será impartida por unha técnica da Xunta de Galicia.
máis información sobre o plan NAVEGA CON RUMBO pinchando aquí

En segundo lugar unha charla impartida por Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, sobre os 100 anos da Sociedade Viveiro y su comarca (o proceso migratorio a Cuba, a constitución da sociedade, etc). Esta charla será ás 20h30 tamén na Casa da Cultura.