miércoles, 20 de julio de 2016

Hoxe tivemos a oportunidade de percorrer unha fermosa ruta de montaña e río. Un tempo moi propicio para camiñar, nuboso e cálido, permitiunos disfrutar da ruta que pasou por unhas fermosas zonas de montaña e so Río Sor. Esta actividade foi compartida polos Concellos de Vicedo e Mañón

lunes, 18 de julio de 2016

Fotos festa do cabalo 2016

O domingo 17 de xullo celebrouse a 17ª edición da Festa do Turismo Rural ou Festa do Cabalo. Moi bo tempo e participación durante todo o día e un gran ambiente que garantiza a continuidade desta festa tan querida nas parroquias do interior e no propio Vicedo.

Ruta Burela-S. Cibrao

Fotos da ruta que se percorreu o mércores 13 de xullo entre as localidades de Burela e San Cibrao. Unha fermosa ruta pola costa da Mariña, moi sinxela de realizar e, ademais, acompañados dun moi bo tempo. 















jueves, 7 de julio de 2016

Fotografías do descenso do Sor en kayaks (6/7/2016)

O mércores día 6 comezaron as actividades de natureza deste verán 2016. Comezouse cun descenso do Río Sor en kayaks que percorreu o tramo navegable do Río Sor para rematar no peirao do Vicedo. A partir deste mércores, cada mércores do verán haberá algunha actividade de ocio activo destinada a coñecer máis a fondo tanto o municipio como o resto da comarca.