miércoles, 25 de junio de 2008

O triunfo da selección española foi moi seguido na proxección da casa da cultura

Moita xente se acercou o domingo pola noite á Casa da Cultura para ver o partido da Final da Eurocopa entre España e Alemania. Houbo cánticos, bandeiras, celebracións... Agora a polo mundial...

jueves, 19 de junio de 2008

Avance programación verán 2008

Presentamos un avance da programación sociocultural prevista para o verán 2008 (non é a programación definitiva, pode haber algunha actividade máis). Haberá actividades para tódalas idades, con música, deporte, ocio activo... Animamos a participar nelas e a comentar neste mesmo blog todo o que queirades aportar: críticas, ideas, etc.

9 xullo: Baixada do Río Sor en kayak a partir das 11h (15 € por persoa)
14-24 xullo: Curso de hip hop e danza moderna para tódolos públicos pola mañá e bailes de salón polas tardes (gratuito)
11 xullo: Concurso de fotografía xuvenil (xóvenes entre 15 e 30 anos). Proxección das mellores fotos e entrega de premios ás 21:30h.
18 xullo: Música: Fredy Fevereiro (música brasileira). 22h
20 xullo: Festa do Turismo Rural. Parque eólico Riobarba. (misa de campaña, pinchos, competicións ecuestres)
23 xullo: Subida en kayaks do Río Sor a partir das 19h.(15€ por persoa)
31 xullo: Exhibición de bailes de salón e hip hop a partir das 21h.

6 agosto: Sendeirismo/kayaks: Ruta de sendeirismo entre a praia de Xilloi e o Porto do Barqueiro e regreso en kayak (15 € por persoa para os que regresen en kayak)
7 agosto: Concurso de castelos de area. Praia de Xilloi. 16:30h (gratuito)
8 agosto: Música: Escola de Samba Zumbom (Brasil) Batukada e Capoeira. 22h. Casco Urbán O Vicedo
13 agosto: Proxección en pantalla de cine de fotografías antigas do Vicedo (paisaxes, festas, oficios...) con comentarios dos veciños. Salón de actos da Casa da Cultura. 21:30h.
15, 16 agosto: Campeonato de volei praia Asturias-Galicia puntuable para campeonato de España. Praia de Area Grande (S. Román) (haberá tamén a posibilidade de xogar equipos locais)
20 agosto: Baixada do Río Sor en kayak a partir das 11h (15€ por persoa)

jueves, 12 de junio de 2008

Os nenos do Punto de Atención á Infancia preparan batidos de fresa

Os nenos que habitualmente participan no turno de tarde do Punto de Atención á Infancia do Concello de O Vicedo participaron o pasado martes nun pequeno obradoiro de preparación de batido de fresa. A experiencia foi moi divertida e remataron degustando os seus propios batidos e xogando coas fresas.

miércoles, 4 de junio de 2008

Récord de visitas na web oficial do Concello de O Vicedo

Durante o pasado mes de maio superouse o récord de visitas mensuais na páxina do Concello de O Vicedo: www.concellodovicedo.org. Concretamente, foron un total de 5409 visitas onde destacan os accesos desde toda España e Francia.
Recentemente ven de actualizarse a sección de galería de fotos antigas (aínda se poden incorporar máis fotos polo que se alguén quere prestar algunha para escanear e incorporar non ten máis que pasar pola Casa da Cultura entre as 10h e as 14h ou as 19h e as 21h.

lunes, 2 de junio de 2008

Éxito da proxección de fotos antigas e do concerto do grupo de gaitas da APA

Esta fin de semana celebráronse dúas actividades na Casa da Cultura: Proxectáronse as fotografías antigas que xa se poden visitar na galería de fotos antigas da web oficial do concello e os numerosos asistentes comentáronnas ofrecendo o seu punto de vista de cada foto, aportando datos sobre as mesmas, etc. Hai que lembrar que calquera persoa que atope unha fotografía antiga na casa e queira prestala para que apareza na galería fotográfica pode pasar pola Casa da Cultura que en 5 minutos se escanea e devolve.
Por outra banda, o domingo os alumnos do curso de gaita da APA ofreceron un concerto apoiados polo grupo de gaitas do Barqueiro e puidose comprobar a súa extraordinaria evolución ofrecendo un concerto moi ameno e brillante.