lunes, 11 de abril de 2016

Campeonato de Tute


Christian Magic actuou na Biblioteca do Vicedo


Ante máis de 100 persoas entre nenos e nenas e pais e nais, o Mago Chrystian Magic presentou o seu espectáculo Don Quijote. Foi un espectáculo cheo de sorpresas no que os nenos botaron unhas boas gargalladas, sorprendéronse e pasaron unha tarde de martes moi agradable. No marco das historias de Don Quijote, Chrystian foi desenvolvendo unha serie de trucos que fixeron as delicias de todos os asistentes.