lunes, 26 de mayo de 2014

Fotografías da Gymkana 2014

Por fin as fotos da Gymkana 2014. Unha tarde moi agradable onde finalmente non choveu e puidemos celebrar algunhas actividades no exterior tal como estaban previstas. Graciñas ós monitores voluntarios da Apa Vicedo por colaborar nun día diferente para os seus fillos e fillas

viernes, 23 de mayo de 2014

Obradoiro creativo dos pelelliños e obradoiro de preparación de medallas comestibles.

Celebrouse o obradoiro creativo cos pelelliños do ilustrador Anxo Fariña. O obradoiro estivo destinado a nenos de 4 a 6 anos e disfrutaron moito realizando os seus propios debuxos e ademais leváronse para casa debuxos feitos para eles polo propio Anxo Fariña. Tamén se celebrou a segunda parte do obradoiro de preparación de medallas comestibles, neste caso para nenos de 4º a 6º de Primaria.

lunes, 12 de mayo de 2014

Final da liga de tenis de mesa.

Rematou a liga de tenis de mesa que se veu disputando desde finais do mes de xaneiro. Este pasado venres disputouse a fase final e o gañador foi Fran tras impoñerse na final a Fernando. Ao remate da fase final fíxose a entrega de trofeos por parte do Concello de O Vicedo e tamén unha camiseta para cada participante na liga por cortesía da Cafetería casa da cultura, O Vicedo. A continuación os participantes na liga puidemos disfrutar duns pinchos para celebrar o final da liga e bo desenvolvemento da mesma. Agardamos en outono comezar xa coa 2ª edición. Moitas gracias a todos por participar.

jueves, 8 de mayo de 2014

Contaconto Express, actividade de animación á lectura, triunfou en O Vicedo

Cunha importante presencia de nenos e nenas de Educación Primaria do Vicedo, un par de integrantes do afamado grupo Sarabela Teatro de Ourense presentaron unha actividade de animación á lectura: Conto Express. Unha actividade que trata de achegar o mundo dos contos tradicionais ós máis pequenos e difundir a imaxinación e a lectura.

martes, 6 de mayo de 2014

programacion sociocultural maio 2014


Esta semana animación á lectura, finais de tenis de mesa e ruta de pinchos.

Esta semana temos preparadas tres actividades de tipo sociocultural:
 -O xoves ás 17h30 unha actividade de animación á lectura para nenos e nenas de Primaria cos contacontos de Conto Express
-O venres ás 19h a fase final da liga de tenis de mesa que se ven celebrando desde o mes de xaneiro
-O sábado e domingo a primeira parte da ruta de pinchos Concello de O Vicedo polos locais hosteleiros de San Román, Abrela e Folgueiro