martes, 29 de julio de 2014

Mércores de natureza: sendeirismo/kayaks entre Xilloi e O Barqueiro

Este mércores a partir das 10h teremos unha nova actividade dos mércores de natureza. Trátase dunha ruta mixta de sendeirismo e kayaks que comezará na praia de Xilloi facendo parte da ruta homologada pola Federación de Montañismo Costa de O Vicedo (PR-G156) e continuando despois polo sendeiro da costa ata o porto do Barqueiro. Despois, os que queiran embarcarán en kayas para facer unir os mesmos puntos por mar, é dicir, entre o porto do Barqueiro e a praia de Xilloi. Hai a posibilidade tamén de facer ida e volta en sendeirismo. En caso de participar na parte dos kayaks o custe será de 15€ por persoa.
Inscrición no 982 59 01 95.

jueves, 24 de julio de 2014

Mércores de natureza: Ruta por Ribadeo.

Onte mércores achegámonos a Ribadeo para camiñar a súa costa. Un paseo duns 9 km que comezou na propia vila de Ribadeo e rematou no fermoso pobo mariñeiro de Rinlo. Un lugar moi agradable en boa compañía e cun tempo inmellorable para camiñar.


jueves, 10 de julio de 2014

Presentación das actividades de natureza e película El Último Cazador

Esta semana temos a presentación das actividades de natureza que se van organizar durante os meses de xullo e agosto desde o Concello de O Vicedo, trátase de actividades como rutas de sendeirismo, rutas de kayaks, rutas mixtas, rutas ornitolóxicas etc. Para eso proxectarase un video de presentación mañá xoves ás 22h na Casa da Cultura do Vicedo onde se explicarán as diferentes actividades e despois proxectarase a fermosa película El Último Cazador.