miércoles, 17 de febrero de 2016

Reapertura da Aula Cemit

Unha vez que se renovou o convenio coa Xunta de Galicia e seleccionou o persoal, o vindeiro luns 22 de febreiro reabrirá a Aula Cemit, situada na planta -1 da Casa da Cultura.
A Aula Cemit dispón de 7 ordenadores con conexión de alta velocidade a Internet e nela vanse organizar diferentes cursos gratuitos relacionados coas novas tecnoloxías e dirixidos a xente de todas as idades. Haberá desde cursos de ofimática ata iniciación á informática, internet e mesmo uso de teléfonos intelixentes (Smartphones). A monitora será a mesma que estivo durante o ano 2015.
Se estás interesado en participar nalgún curso podes achegarte á sede da Aula Cemit a partir do luns 22 en horario de 16h a 20h.