miércoles, 27 de enero de 2010

Enlace ó programa de TVE Crónicas que fala da Illa de Hierro

O domingo 24 de xaneiro emitiuse este programa onde se fala dos proxectos de sostenibilidade da Illa de Hierro en Canarias. Está previsto que a través da Asociación Entreaguas se presente un proxecto de sostenibilidade para O Vicedo e Hierro dentro dun proxecto Europeo xestionado polo Ministerio de Medio Ambiente
http://www.rtve.es/alacarta/#676081

viernes, 15 de enero de 2010

Reunión ás 20h para ideas do proxecto de desenvolvemento rural de Entreaguas

Hoxe venres 15 ás 20h celebrarase unha charla na Casa da Cultura para que colectivos, asociacións, empresarios e particulares presenten ideas de desenvolvemento rural a desenvolver no Vicedo e Mañon para o proxecto que presentará a Asociación Entreaguas ó Ministerio de Medio Ambiente.

Búscanse ideas de novos empregos, negocios, traballos a facer, cursos, etc, relacionados co desenvolvemento sostible no noso municipio (agricultura ecolóxica, productos susceptibles de ter unha denominación de orixe, ideas de negocio en torno ó turismo sostible, etc, ideas de rutas turísticas, etc)

viernes, 8 de enero de 2010

Suspendida a excursión a Lugolandia polo temporal de neve

Por causa do temporal de neve que afecta a Galicia estes días, O Concello de O Vicedo comunica que suspende a excursión a Lugolandia prevista para mañá sábado 9 de xaneiro. Disculpen as molestias.

martes, 5 de enero de 2010

Celebrouse a cabalgata de Reis

Fotografías da Cabalgata de Reis con entrega de agasallos para os nenos e caramelos para todos.

Hoxe 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis

Hoxe a partir das 16:30h celebrarase a Cabalgata de Reis Magos no Vicedo. Partirá desde a Casa do Mar e chegará á Casa da Cultura onde haberá regalos e caramelos...

lunes, 4 de enero de 2010

Cine: Horton

Hoxe ás 18h na sala de exposicións da Casa da Cultura proxectarase a pelicula infantil HORTON. Xa o xoves á mesma hora proxectarase a película up

Cabalgata de Reis e éxito do playback de nadal

O pasado sábado 2 celebrouse un ano máis o playback de nadal cun total de 14 cancións interpretadas por uns 35 nenos e nenas de primaria de O Vicedo. Houbo récord de asistencia de público e, ademais, sorteo de cestas e entrega de premios do cocurso de postais de nadal do Bar Casa da Cultura.
Por outra banda, mañá martes ás 16:30h terá lugar a Cabalgata dos Reis Magos partindo a esa hora da Casa do Mar e rematando no salón de actos da Casa da Cultura. A ver se hai sorte e traen regalos...