martes, 10 de abril de 2018

Actividade de dinamización lingüística: Enredando con Pakolas

O xoves 19 de abril ás 16:30h teremos a oportunidade de ver na Casa da Cultura unha actividade de dinamización lingüística coa actuación de Paco Cerdeiras presentando a actividade ENREDANDO CON PAKOLAS, baseado no seu libro disco Pakolas. Esta actividade é gratuita e moi recomendada para os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.

viernes, 6 de abril de 2018

Contacontos celebración do día internacional do libro infantil

Onte xoves tivemos unha actividade de animación á lectura con motivo do dia internacional do libro infantil. Reunímonos nunha sala os nenos e nenas do Colexio de Primaria do Vicedo xunto cos pais e nais e pasamos un rato moi divertido compartindo contos de todas as idades e algo de música para rematar animadísimos.
Graciñas a todos por asistir e traer os vosos nenos e nenas a compartir historias!!



martes, 3 de abril de 2018

Celebración do Día internacional do Libro infantil

O martes 2 de abril foi o día internacional do libro infantil e para celebralo organizamos esta semana, concretamente o xoves 5 de abril ás 16:15h na Biblioteca da Casa da Cultura unha actividade de celebración, similar á que fixemos o ano pasado na Biblioteca.

Comezaremos coa lectura de contos infantís que temos na propia biblioteca, tanto de Hans Christian Andersen como outros moitos que temos. Tamén escoitaremos audiocontos e mesmo algunhas cancións. Finalmente remataremos cun pequeno agasallo para os participantes.  A actividade está destinada a nenos de infantil e  Educación Primaria.

Animádevos a participar cos vosos nenos e nenas na actividade!