miércoles, 28 de julio de 2010

Actuación de Gisellia Moore en O Vicedo

O Xoves 29 ás 20:30h actuará na Casa da Cultura a rapaza Gisellia Moore. Mostramos unha actuación que xa realizou en Ortigueira.

viernes, 23 de julio de 2010

Actuación de CLAVE DE FADO

Hoxe venres actuará o grupo de fados CLAVE DE FADO na terraza da Casa da Cultura a partir das 22h00. Ofreceran musica de fados pero tamen cancions galegas e mesmo algunhas versions de Norah Jones, Ayo, etc.
Se queres escoitar unha cancion deles pincha aqui

miércoles, 21 de julio de 2010

Fotos da ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo

Este mércores realizouse a ruta de sendeirismo COSTA DE O VICEDO cunha moi boa participación de camiñantes. En agosto repetiranse máis rutas de sendeirismo deste estilo.

lunes, 19 de julio de 2010

Ruta de sendeirismo pola Costa de O Vicedo

O mércores 21 de xullo o Concello de O Vicedo organiza unha ruta de sendeirismo que percorrerá boa parte da Costa de O Vicedo S.Román-O Vicedo (duns 11km). Este ano hai que destacar que o traslado desde O Vicedo ata S. Román se fará en tren polo que o punto de encontro será o apeadeiro de FEVE do Vicedo ás 9h30. De aí nos deprazaremos en tren ata o apeadeiro de S.Román (para FEVE é MOSENDE) e aí comezaremos a ruta.
Trátase dunha ruta onde se pasará polos seguintes puntos de interese:
-Lugar do Pazo (S. Román)
-Praia de Area Grande (Inicio real da ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo)
-Mirador de Moreiras
-Mirador de praia de Tixoso
-Mirador espectacular sobre a Illa Coelleira (novo tramo aberto en 2009)
-Praia de Xilloi
-Praia de Caolín
Importante: Se non se quere facer o tramo en tren o punto de encontro será a praia de Area Grande en S. Román ás 10h00 aproximadamente.
Anotacións na Casa da Cultura do Vicedo ou no tlf 982 59 01 95 ou no mail concello@concellodovicedo.org

miércoles, 14 de julio de 2010

fotos do primeiro mércores de natureza

Hoxe mércores 14 de xullo e con tempo irregular celebrouse o primeiro mércores de natureza que nesta ocasión se dedicou ó kayak. Uns 25 participantes baixaron o Río Sor desde Ribeiras do Sor ata o Vicedo. O vindeiro venres 21 farase unha ruta de sendeirismo (gratuita) que nos levará desde S. Román ata O Vicedo.

lunes, 12 de julio de 2010

Esta semana: Ruta de kayaks e maxia

Comeza unha nova semana do mes de xullo e, en canto a actividades socioculturais, marcada por dúas actividades: o mércores 14 será a baixada do Río Sor en kayaks. O traxecto será entre Ribeiras do Sor e o Porto do Vicedo e o punto de encontro para comezar a actividade será o porto do Vicedo ás 10h00. A Actividade é apta para tódalas idades e hai que anotarse na Casa da cultura.
Por outra banda, o venres 16 a partir das 22h00 será a actuación do Mago Dani. A entrada é gratuita e o espectáculo é apto para tódolos públicos. Podedes ver algunhas actuacións do mago en www.danigarcia.com

jueves, 8 de julio de 2010

Éxito de publico na proxección do mundial. Agora a final o domingo

O próximo domingo proxectarase a final da Copa do Mundo que disputarán España e Holanda. Agardamos aínda máis participación e ambiente que na proxección de onte na semifinal. Ánimo España!!

miércoles, 7 de julio de 2010

Proxección en pantalla xigante do partido ESPAÑA-ALEMANIA

Hoxe a partir das 20h30 proxectarase gratuitamente no salón de Actos da Casa da Cultura o partido de semifinais do mundial entre España e Alemania. Animádevos e asistide a animar á vosa selección.