viernes, 23 de abril de 2010

Hoxe día do libro...novas adquisicións para a biblioteca do Vicedo

Hoxe 23 de abril, día do libro, veñen de incorporarse á colección novos libros que seguro serán do seu interese, os máis destacados son:
-MOMBARS O EXTERMINADOR, de Hixinio Puentes
-A triloxía MILLENIUM de Stieg Larsson
-EL HIPNOTISTA, de Lars Kepler
-EL ASEDIO, de Arturo Pérez Reverte
-LA MANO DE FÁTIMA, de Ildefonso Falcones
-TONTORRÓN EL ÚLTIMO e outros de Gerónimo Stilton
-LA CARRETERA, de Cormac McCarthy
-EL DIA D, de Stephen E. Ambrose
-VENGANZA EN SEVILLA, de Matilde Asensi
-DIME QUIEN SOY, de Julia Navarro
-ETC
Hai que lembrar que facerse socio da biblioteca municipal é gratuito e os préstamos fanse por 15 días renovables.

martes, 20 de abril de 2010

A páxina web do concello instala unha webcam con imaxes en directo da rúa Cidade de Mondoñedo

Acábase de instalar unha webcam que emite en directo imaxes da rúa Cidade de Mondoñedo. A camara está instalada na biblioteca municipal.










Para ver imaxe en directo da cámara pincha aquí

lunes, 19 de abril de 2010

Teo e Jesús gañaron o torneo de tute deste fin de semana.

Teo e Jesús impuxéronse a Emilio e Víctor por un contundente 2-0. Estes finalistas gañaron, respectivamente, nas semifinais, a Primera e Faustino e a Boni e Arturo. Houbo un total de 14 parellas participantes xogando ó longo de todo o fin de semana.

jueves, 15 de abril de 2010

Diversión e participación no obradoiro de ilustración

Hoxe xoves celebrouse a segunda actividade de animación á lectura organizado polo Concello de O Vicedo e o Plan de lectura da Consellería de Cultura. Este OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN foi impartido pola ilustradora de libros infantís MARISA IRIMIA que comparteu un rato cos rapaces explicándolles algunhas técnicas de debuxo.

miércoles, 14 de abril de 2010

Actividade de animación á lectura

Mañá xoves a partir das 17h celebrarase na Casa da Cultura a actividade de animación á lectura OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN, impartida por Marisa Irimia dentro das actividades de animación á lectura cofinanciadas pola Consellería de Cultura e o Concello de O Vicedo.
Está dirixida a alumnos de Educación infantil e Primaria e é gratuita. Traballarase con collages, transparencias, etc.

martes, 13 de abril de 2010

Campeonato de Tute 2010

Este próximo fin de semana celebrarase unha nova edición co campeonato de tute para adultos. A inscrición é de 20 euros por parella e repartiranse os seguintes premios:
Campeóns: 75% da recadación e trofeos
Subcampeóns: 25% da recadación e trofeos
Horario: sábado e domingo de 15:30h a 21h.









Fotografía da edición de 2009

jueves, 8 de abril de 2010

Celebrouse a actividade de contacontos O LIBRO DOS LIBROS

Cunha boa participación de nenos e nenas de 4 a 9 anos celebrouse na Casa da Cultura a primeira das actividades de animación á lectura organizadas polo Concello do Vicedo co programa da Xunta LETRAS VIVAS. A contacontos foi Estibaliz Sanz (do grupo Ulalume) e conseguiu unha moi boa interactividade cos nenos e nenas. O vindeiro xoves outra actividade de animación á lectura, neste caso un obradoiro de ilustración a partir das 17h.

martes, 6 de abril de 2010

Animación á lectura na Biblioteca Municipal: Contacontos Ulalume presenta: O LIBRO DOS LIBROS

O grupo CONTACONTOS ULALUME presenta o xoves 8 de abril ás 18h na Biblioteca Municipal do Vicedo a actividade de animación á lectura: O LIBRO DOS LIBROS. Trátase dun percorrido por contos coñecidos e descoñecidos, de pantasmas e piratas, propios e alleos coa participación dos nenos asistentes. Esta actividade está orientada a nenos e nenas de 4 a 9 anos. Organiza: Biblioteca Pública Municipal do Concello de O Vicedo coa colaboración da Xunta de Galicia no seu programa de animación Letras Vivas.