martes, 29 de julio de 2008

Exhibición bailes de salón e hip hop

O próximo xoves a partir das 20:30h na Casa da Cultura de O Vicedo e con entrada gratuita celebrarase unha exhibición de bailes de salón e hip hop onde haberá os seguintes participantes:
-Alumnos do Curso de Hip hop (xuvenil)
-Alumnos do Curso de Bailes de salón (adultos)
-Ballet Ballanchine (Asturias)
-JP (Parella cubana profesional de bailes de salón)

jueves, 24 de julio de 2008

fotos subida do Río Sor en kaiak

Unhas 30 persoas participaron na subida ó Río Sor en kaiak que se celebrou o mércores 23 de xullo a partir das 19h. Nunhas condicións climatolóxicas excelentes, os participantes puideron disfrutar dun atardecer desde dentro do Rio Sor

lunes, 21 de julio de 2008

fotos actuación fredy Fevereiro e Festa Turismo Rural

Este fin de semana pasado foi intenso en actividades socioculturais. O venres foi a actuación de Fredy Fevereiro e o domingo a Festa do Turismo Rural, que volveu a congregar a moitísimo público tanto na propia festa como nas carreiras. Esta semana continúan as actividades co curso de hip hop para nenos e xóvenes, o baile de salón e unha ruta en kaiaks o próximo mércores ás 19h.

jueves, 17 de julio de 2008

O cuarteto de Fredy Fevereiro actúa o venres na casa da cultura

O venres 18 de xullo ás 22h dentro do programa Cultura Vai Verán subvencionado pola Xunta de Galicia, actuará no Vicedo o músico brasileiro Fredy Fevereiro. Forma nesta ocasión un cuarteto e cantará música tradicional brasileira. Esta actuación será gratuita e celebrarase a explanada da Casa da Cultura.

Máis información sobre Fredy Fevereiro: http://www.produccioneselgato.com/web/index.php?idconcepto=107&idautor=109&idficha=129

celebrouse a actividade "cultura sobre rodas"

Organizado pola Deputación de Lugo, celebrouse hoxe xoves unha actividade para nenos maiores de 4 anos chamada "Cultura sobre rodas". Foi unha actividade moi amena onde os nenos se divertiron moito e foron animados e introducidos no fermoso mundo da lectura.

lunes, 14 de julio de 2008

Entregados os premios do maraton de fotografía xuvenil

O pasado venres entregáronse os premios para os xóvenes que participaron nesta 3ª edición do maratón fotográfico xuvenil. Os premiados foron os seguintes:
1º. Pablo Escourido (atardecer na praia de caolín)
2º. Saray Fernández (Vista sobre O Vicedo desde a Garavide)
3º. Adrián Iglesias (Atardecer en Riobarba)
Hai que destacar a alta calidade dos traballos presentados e a participación dos xóvenes do municipio. Aquí podedes ver agora as seleccionadas como 3 mellores fotos.


Aquí as outras 2 finalistas:

viernes, 11 de julio de 2008

Inicio do curso gratuito de bailes de salón o luns 14

O vindeiro luns 14 de xullo a partir das 20:30h comezan as clases gratuitas do curso de bailes de salón. Será impartido por un monitor profesional asturiano que xa ven traballando na mariña nos últimos veráns impartindo tamén hip hop e danza moderna e está dirixido a maiores de 18 anos e será de luns a venres ata o 31 de xullo.
Está prevista unha alta participación polo que se recomenda anotarse na Casa da Cultura no telefono 982 59 01 95 antes do luns ás 20h.
Este mesmo monitor impartirá un curso entre o 21 e o 31 de xullo polas mañás de danza moderna e hip hop para nenos e xóvenes a partir de 5 anos.
Para rematar, o 31 de xullo haberá unha exhibición cos alumnos que queiran participar na mesma así como un grupo profesional de hip hop e unha parella cubana que fará bailes de salón.

lunes, 7 de julio de 2008

Ruta de canoas de baixada do Río Sor

Trátase dunha baixada moi tranquila en kaiaks de 2 prazas desde a zona de Ribeiras do Sor e o porto do Vicedo. A actividade é apta para tódalas idades e ten un coste de 15 euros por persoa (inclúese neste prezo o traslado desde O Vicedo ata o punto inicial da ruta nas Ribeiras do Sor)
As anotacións deben facerse antes do martes ás 21h no teléfono 982 59 01 95

martes, 1 de julio de 2008

3º Maratón fotográfico xuvenil O Vicedo

Bases do concurso:

O 3º maratón fotográfico xuvenil do Vicedo está dirixido a xóvenes de15 a 30 anos.

Inscrición: 3 euros. (inscrición na Casa da Cultura de O Vicedo ou no teléfono 982 59 01 95 antes das 21h do día 7 de xullo)

Máximo participantes: 25

O lema do maratón será “O Vicedo no 2008 ” . Con este lema preténdese mostrar os cambios do noso municipio nos últimos anos (oficios, paisaxes, festas, deportes…) desde o punto de vista dos xóvenes.

Entrega de cámaras: A cada participante entregaráselle o luns 7 de xullo entre as 12 e as 21h na Casa da Cultura unha cámara analóxica de un só uso con posibilidade de realizar 27 fotografías.

Recollida das cámaras: O mércores 9 de xullo entre as 10h e as 14h na Casa da Cultura os participantes deberán entregar a cámara sexa cal sexa a cantidade de fotografías que se fixesen (non é obrigatorio realizar as 27 fotografías pero haberá un mínimo de 10 )

Fallo do xurado e entrega de premios: O venres 11 ás 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura farase público o resultado do concurso e a entrega dos correspondentes premios. O xurado estará por membros da corporación municipal e os monitores socioculturais do Concello de O Vicedo.

Premios:

1º clasificado: Marco de fotografías dixital

2º clasificado: Cámara fotográfica dixital.

(premios valorados en 300 euros)

Dereito de exhibición e devolucións: As obras premiadas pasarán a ser propiedade do Concello de O Vicedo que poderá dispor delas sempre que se cite ó autor e que teña como fin a promoción cultural.