martes, 26 de julio de 2011

Inicio obradoiros bailes de salón para adultos e danza moderna para xóvenes

Acaban de comezar os obradoiros de bailes de salón e danza moderna. A danza moderna é de luns a venres de 11h00 a 13h00 para nen@s maiores de 5 anos e os bailes de salón son para adultos e xóvenes de 20h30 a 21h30. Estes obradoiros, xa tradicionais nos veráns do Vicedo, son gratuitos e celebraranse entre o 26 de xullo e o 5 de agosto e tamén do 16 ó 19 de agosto e os interesados pódense incorporar en calquera momento a eles.

lunes, 25 de julio de 2011

ruta mixta sendeirismo kayaks este mercores 27

A actividade correspondente ós mércores de natureza desta semana será unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks. En primeiro lugar haberá un tramo de sendeirismo entre o porto do Barqueiro e o Porto de Bares, duns 10 km, un tramo de extraordinaria beleza xa que percorre os puntos mais altos das montañas que rematan na Estaca de Bares. A continuación comezará a ruta de kayaks que irá entre os portos de Bares e Barqueiro. Ó longo do percorrido visitarase a praia de Vilela e outros puntos de interés da Ría.
As rutas seran guiadas e será gratuita para os que só fagan sendeirismo. Os que fagan as dúas rutas pagan 15€ por persoa. Punto de encontro: Porto do Barqueiro ás 10h00

Inscrición: Casa da Cultura do Vicedo no tlf 982 59 01 95 ou concello@concellodovicedo.org

lunes, 18 de julio de 2011

Ruta de kayaks ATARDECER NO RÍO SOR

O próximo mércores 20 de xullo haberá a terceira das actividades dos mércores de natureza no Vicedo. Será nesta ocasión a ruta de kayaks ATARDECER NO RÍO SOR, que comezará ás 19h00 no Porto do Vicedo desde onde se cruzará a ría para posteriormente remontar un tramo do Río Sor pasando polo porto do Barqueiro, Pontes sobre o Río Sor, Illa de S. Martín e remate no lugar de Ribeiras do Sor.
A actividade terá unha duración aproximada de 2 horas e é apta para todas as idades, os kayaks son insumerxibles e moi fáciles de manexar. O prezo é de 15€ por persoa e a inscrición hai que facela no teléfono 982 59 01 95

Organiza: Concello do Vicedo e Actividades Estaca.

jueves, 14 de julio de 2011

Consulta e descargate no GPS as rutas do Vicedo

Rutas de sendeirismo do Vicedo. Pinchando no icono de wikiloc accederedes á web desde onde se pode descargar a ruta a un GPS.


lunes, 11 de julio de 2011

Segunda xornada de mércores de natureza: Este mercores ruta de sendeirismo Morgallón-Río Sor-Morgallón

Este mércores 13 de outubro terá lugar o segundo "mércores de natureza" coa celebración da ruta de sendeirismo MORGALLÓN RIO SOR MORGALLÓN, de 7 km de lonxitude e cunha dificultade media-baixa. Trátase da única ruta ruta homologada pola Federación Galega de montañismo en toda a costa de Lugo.
A ruta percorre durante os primeiros 4 km un sendeiro de pescadores do Río Sor para emprender o camiño de volta nos seguintes km ata alcanzar novamente o lugar de Morgallón. O punto de encontro será a Casa da Cultura do Vicedo ás 10h00 e desde alí desprazarémonos en coches particulares ata o inicio da ruta en Morgallón (Negradas).
Anotacións no 982 59 01 95 (Casa da Cultura)

Máis información sobre a ruta no seguinte link http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=33804&ctre=32111&cidi=E

Enlace

lunes, 4 de julio de 2011

ruta de sendeirismo COSTA DE O VICEDO

Este próximo mércores comezan as actividades de turismo activo MÉRCORES DE NATUREZA, actividades que todos os mércores de xullo e agosto consistirán en rutas de sendeirismo ou rutas de kayaks ou mixtas.
Este primeiro mércores de xullo comezaremos facendo a ruta da COSTA DE O VICEDO duns 14 km de percorrido e que se iniciará en S. Román para rematar no Porto de O Vicedo. Non se trata dunha ruta deportiva senón turística, tratando de mostrar varias das principais praias do municipio (Area Grande, Xilloi, Caolín, Vidreiro), zonas e instalacións pesqueiras (Porto do Vicedo, antigua fábrica de salazón, zonas de pesca de caña, etc), a Illa Coelleira desde o punto costeiro máis cercano a ela, etc.
O punto de encontro será o apeadeiro de FEVE do Vicedo desde onde sairá o tren ás 9h43 ata a estación de S. Román. Desde alí emprenderase a ruta guiada ata O Vicedo. Hai posibilidade tamén dun segundo punto de encontro que será a praia de Area Grande as 10h15.
A ruta é gratuita e durará unhas 4 horas. Anotacións no tlf 982 59 01 95