miércoles, 17 de diciembre de 2014

Papá Noel en videoconferencia desde a aula Cemit

As actividade de nadal comezaron cunha actividade infantil. Os nenos e nenas de Educación Infantil e Primeiro e segundo de Primaria do Colexio do Vicedo participaron hoxe nunha Videoconferencia con Papá Noel desde a Aula Cemit De O Vicedo. Un Papá Noel que anotou todas as petición duns entregados nenos. Bo Nadal!

lunes, 17 de noviembre de 2014

Teatro en O Vicedo

O vindeiro sábado ás 19h30 na Casa da Cultura do Vicedo, o grupo de Lugo Achádego Teatro representará a obra O BARCO SEN MARIÑEIRO. Entrada gratuita.

lunes, 3 de noviembre de 2014

Charla Programa Activa

Actividade dirixida a poboacion en xeral e os menores de 30 anos recibiran certificado de asistencia.
Os interesados deben de inscribirse chamando a Casa da Cultura de O Vicedo, ao telefono 982590195 ou mandando un mail a concello@concellodovicedo.org 

Programación Sociocultural novembro 2014


miércoles, 15 de octubre de 2014

Nova incorporación á Biblioteca

Acabamos de incorporar á colección da Biblioteca Pública de O Vicedo este fermoso libro escrito por Antonio Sandoval onde aparece mencionada continuamente a zona de Ortegal e A Mariña., sempre tendo como fío conductor a observación das aves e todo o relacionado con este entorno natural que nos rodea. Dispoñible en préstamo a domicilio gratuito.


lunes, 29 de septiembre de 2014

Inicio liga de tenis de mesa e aerobic

De cara a outubro xa podemos ir adiantando que vai haber a segunda edición da liga de tenis de mesa para maiores de 15 anos e para a que está o prazo aberto. Consistirá na disputa dunha primeira volta todos contra todos e unha segunda volta onde se farán dous grupos atendendo á clasificación da primeira volta. O gañador desa segunda volta será o gañador final da liga libre. A inscrición será de 5 euros e dará dereito a participar na liga e a uns pinchos a final de liga. As xornadas da liga celebraranse os venres a partir das 19h comezando a competición xa o 17 de outubro. Podedes anotarvos no tlf 982590195 e no mail concello@concellodovicedo.org
Por outra banda, o mércores día 1 comezará a actividade de aerobic, será os luns e mércores de 20h30 a 21h30 e celebrarase na sala de exposicións da Casa da Cultura. Anotacións na propia sala calquera dos días sinalados.

martes, 16 de septiembre de 2014

Pelicula Venres 19

Venres 19 temos cine as 22h00, Star Wars VI El Retorno de Jedi

Quedada de Tenis de Mesa

Este Venres 19 quedada de Tenis de Mesa a partir das 17h00, coa inteción de falar xa cara unha nova edición da liga de tenis de mesa e votar unha tarde entre amigos practicando esta modalidade deportiva que tanto nos gusta


jueves, 4 de septiembre de 2014

Película Venres 5

Este venres 5 temos a proxección da película Prometheus, película de ciencia ficción  e terror dirixida por Ridley Scott, na que a tripulación da nave espacial Prometheus a finais do seculo XXI,que esploran unha avanzada civilización alieníxena en busca dos orixes da humanidade

lunes, 1 de septiembre de 2014

VPT Verán 2014

Finalizado o VPT de Verán 2014 con unha boa asistencia de participantes, tivemos unha partida intensa e emocionante que non se decidiu ata os últimos momentos, quedando como gañador Suso, como segundo David e terceiro clasificado Marcos, agradecendo os participantes e o publico presente o bo ambiente que tivemos e convocandovos para unha proxima edición do VPT




lunes, 25 de agosto de 2014

Torneo de Poker

Este venres 29 as 22:00h tenos unha nova edición do noso VPT(Vicedo Poker Tour) na edición de verán, esperamos a vosa asistencia e participación ainda estades a tempo de apuntarvos


Mércores 27. Descenso do Río Sor

Recordamosvos que esta semana nos nosos mercores de natureza temos un descenso do Río Sor en kayak as 18:30h

III Open de Tenis de Mesa

Xa finalizado o noso Open de Tenis de mesa, agradecer os participantes e os espectadores por estos días de tenis de mesa de gran nivel, emoción e compañeirismo, disputouse en duas categorías Sub-18 e Senior, na sub-18 vivimos unha igualada final entre Javi e Juan na que Javi se levou o gato a auga, na sección senior tivemos un duelo entre irmans (Fran e Alberto) na que Alberto levouse o triunfo despois de unha disputada e emocionante final sen tregua o seu irman Fran. Non nos queda mais que agraceder unha vez mais a público e participantes a sua asistencia e convacalos nunha próxima edición de este Open de Tenis de mesa







martes, 19 de agosto de 2014

Esta semana: Concurso de castelos de area en Xilloi, Campaña de reciclaxe, ruta de sendeirismo e torneo de tenis de mesa

Hoxe ás 16h en Xilloi comezan as actividades desta semana co concurso de castelos de area, con 3 categorías: infantil, xuvenil e maiores de 16 anos. Tamén hoxe no parking de Xilloi a campaña de reciclaxe de Sogama "Separemos ben, reciclaremos mellor".
Mañá mércores percorreremos a emblemática ruta de sendeirismo "Morgallón - Río Sor - Morgallón" de 9 km de lonxitude. O punto de partida será a Casa da Cultura ás 10h e desde alí desprazarémonos en coches particulares ata o punto de partida da ruta, a zona de Morgallón.
Tamén o mércores comeza o torneo de tenis de mesa con 2 categorías, Xuvenil e adultos. Inscrición 3 euros. O mércores é a primeira fase da categoría xuvenil, o xoves primeira fase da categoría de adultos e o venres as finais correspondentes.




jueves, 7 de agosto de 2014

Inauguración da exposición de Jesús Fernández Cobelo e Guillermo Carballo

Fotografías da inauguración da exposición en honor a Jesús Fernández Cobelo e a Guillermo Carballo. No acto de inauguración participaron amigos e familiares de Jesús e Guillermo, ademais de autoridades. Destaca a participación de amigos hosteleiros de Barcelona así como Manuel Cabezas, ex-alcalde de Ourense e da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro cando Jesús vendía os seus productos en Barcelona, tamén asistiu José Luis Blanco Campaña, xornalista e un dos impulsores da CRTVG. A exposición está aberta ata fin de mes na primeira planta da Casa da Cultura