jueves, 25 de septiembre de 2008

INICIO AEROBIC

O vindeiro martes 30 de setembro habrá unha reunión na casa da cultura, para establecer os horarios, días e características do curso INICIO AEROBIC. O prezo será de 15 euros/mes (dous días á semán, unha hora cada día).
Máis información e inscrición: Casa da Cultura (982 59 01 95)

lunes, 15 de septiembre de 2008

RUTA DE SENDEIRISMO

Ó redor de 15 persoas participaron o pasado sábado na ruta de sendeirismo PORTO DO VICEDO-XILLOI-AS LAXES- PORTO DO VICEDO, cunhas condicións climatolóxicas excelentes e disfrutando dunhas vistas inmellorables.


miércoles, 10 de septiembre de 2008

SENDEIRISMO

O vindeiro 13 de setembro, sábado, realizarase unha nova ruta de sendeirismo. A saída será do porto do Vicedo as 10:30 h, con unha duración aproximada de 3 horas. Recoméndase levar roupa e calzado apropiados. Poden participar todas as persoas que o desexen pero os menores de 8 anos deberán ir acompañados dun adulto. A ruta será a seguinte:

PORTO DO VICEDO-XILLOI-AS LAXES-PORTO DO VICEDO

INFORMACION CASA CULTURA: 982 59 01 95

martes, 2 de septiembre de 2008

OBRADOIRO DE XOGOS

Ó longo desta semán estanse levando a cabo os obradoiros de xogos neste concello, con unha gran participación por parte dos nenos do municipio, tal e como podedes comprobar. Aínda estades a tempo de participar. ¡Animádevos!