jueves, 20 de noviembre de 2008

Aberto prazo para o X Torneo de tenis

Os días 29 e 30 de novembro e 6 e 7 de decembro celebrarase no polideportivo de O Vicedo a décima edición do Torneo de Tenis Concello de O Vicedo. Está dirixido a adultos e haberá 16 prazas para xogar. A inscrición por participar é de 5 euros e haberá trofeos para os dous primeiros clasificados.

INSCRICIÓNS: 982 59 01 95/655 17 01 16 ou xuventudevicedo@hotmail.com antes do 27 de novembro

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Novo curso de pilates

Impartido pola monitora que xa ven dando o aerobic os martes e xoves, o martes 2 de decembro comezarán tamén o curso para a ximnasia de mantemento co método PILATES. Trátase dunha actividade dirixida a adultos e os principais datos son:
INICIO: MARTES 2 DECEMBRO ÁS 19:30H
PREZO. 15 EUROS/MES
DIAS E HORAS: MARTES E XOVES DE 19;30H A 20:30H
INSCRICIÓN: CASA DA CULTURA (982 59 01 95)

lunes, 10 de noviembre de 2008

Videos do samaín do Vicedo nos telediarios de TVE

Aqui tedes o enlace para ver a reportaxe que sacaron no TD1 e TD2 de TVE sobre o Samaín do Vicedo. Sae aproximadamente no minuto 35 de telediario.

http://www.rtve.es/alacarta/player/327987.html

charla coloquio sobre educación afectivo-sexual

Un bo grupo de pais e nais de adolescentes participaron no coloquio organizado polo centro Quérote e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de O Vicedo sobre educación afectivo-sexual. Os asistentes puideron preguntarlle á técnica do Quérote tódalas dúbidas respecto a este tema educativo. Agárdase algunha actividade máis deste tipo nos vindeiros meses.

viernes, 7 de noviembre de 2008

hoxe charla coloquio con pais e nais de adolescentes sobre educación afectivo sexual

Hoxe venres 7 de novembro das 16h ás 17h30 terá lugar na biblioteca da Casa da Cultura unha charla-coloquio con pais e nais de adolescentes para abordar o tema da educación afectivo sexual. Será moderada por unha especialista do centro Quérote de Burela (dependente da Xunta de Galicia) e tratará de asesorar ós proxenitores sobre estes temas tan importantes para o desenvolvemento dos adolescentes.

Máis información en: www.querote.org

martes, 4 de noviembre de 2008

Programación cultural Novembro

A programación prevista para este mes de novembro é a seguinte:
-Comezo dos obradoiros de xogos:
Nen@s de 2 a 5 anos: luns a partir das 17h15 no Vicedo
Nenos de 6 a 8 anos: Venres de 17h15 a 18h15 no Vicedo
Nen@s de 9 a 11 anos: Venres de 18h15 a 19h15 no Vicedo
Nen@s de 6 a 11 anos do Folgueiro, S. Román, etc: Mércores de17h30 a 19h no Folgueiro
-Coloquio educación afectivo sexual: Dirixido a pais e nais de adolescentes moderados por técnicos do Centro Quérote de Burela (dependente da Xunta de Galicia): Venres 7 novembro, 16h. Casa da Cultura.
-XII Festa de Confaternidade Avós - netos: Sábado 22 novembro - 13h - Polideportivo O Vicedo
-Torneo tenis O Vicedo: 29 e 30 de novembro e 6 e 7 de decembro. Inscrición: 5 euros (aberta a inscrición ata o 27 de novembro no 655 17 01 16 ou en omix@concellodovicedo.org

lunes, 3 de noviembre de 2008

Samaín pasado por auga

A pesar do diluvio que caeu o venres, un grupo numeroso de nenos e maiores vestíronse e posaron coas calabazas elaboradas durante toda a semana. Fíxose un desfile en coches e despois un magosto no que participaron con moito ánimo para a horrible tarde que había. Graciñas a todos por participar.