lunes, 28 de diciembre de 2009

Este sábado 2 de xaneiro: Playback de nadal

Un ano máis celébrase o xa tradicional playback de nadal. Participarán máis de 30 nen@s de todo o municipio cantando e bailando cancións moi actuais. Este festival será a partir das 19h e os adultos pagarán 2 euros e os nenos 1 euro (coa entrada participarase en sorteos de regalos)

Organiza:APA O Vicedo , colabora: Concello de O Vicedo

martes, 22 de diciembre de 2009

Papá Noel visitou o Punto de Atención á Infancia

Hoxe ás 11h Papa Noel trouxo agasallos para tódolos nenos que están matriculados no Punto de Atención á Infancia (PAI) situado no Centro multiusos. Houbo unha grande animación e emoción entre tódolos nenos.


martes, 15 de diciembre de 2009

Avance programación nadal 09-10

As principais actividades previstas para este nadal son as seguintes:
-playback de nadal: 2 de xaneiro ás 19h. Haberá ensaios para participar a semana do 21 ó 23 e do 28 ó 30 de decembro. Hai que pagar unha entrada de 2€ os adultos e 1€ os nenos e haberá sorteo de regalos.
-Lugolandia: 9 de xaneiro. Anotacións na Casa da Cultura. Está dirixido a nenos de Primaria e ESO. Os menores de 6 anos deben ir acompañados por polo menos un adulto.
-Cabalgata de Reis: 5 de xaneiro ás 15:30h. Saída da Casa do Mar ata a Casa da Cultura.
-Ciclo de cine infantil: Películas de gran éxito infantil. 4 e 7 de xaneiro ás 18h.

viernes, 11 de diciembre de 2009

Instalado o belén na Casa da Cultura

Un ano máis, xa se pode ver o belén instalado na planta baixa da Casa da Cultura. Agradecementos a Conchita pola súa colaboración.


sábado, 5 de diciembre de 2009

Teatro este sábado 5 de decembro

O sábado 5 de decembro a partir das 20h a compañía de teatro O BORDELO de Cervo representará a obra O MARIÑÁN. A entrada é gratuita e a obra é apta para tódolos públicos.

martes, 1 de diciembre de 2009

1ªLIGA DE TENIS CONCELLO DE O VICEDO

O 1 de Decembro comeza a primeira liga de tenis Concello de O Vicedo. Levarase a cabo no pavillón municipal ata o 21 de Febreiro cun total de 11 participantes. Ó final da mesma os tres primeiros clasificados recibirán un trofeo; como campeón,subcampeón e terceiro clasificado.
Desexamos que vos guste.

lunes, 30 de noviembre de 2009

Teatro este fin de semana

O grupo de teatro O BORDELO de Cervo presenta a obra "O mariñán" este sábado 5 de decembro ás 20h. A entrada é gratuita.

viernes, 20 de noviembre de 2009

Teatro mañá sábado 21 novembro

O grupo de teatro CEDEUVE de Vilalba presenta a obra 6 x 4...dúas ducias mañá 21 de novembro ás 20h con entrada gratuita.
Trátase dun grupo que xa estivo noutras ocasións no Vicedo e que sempre presenta obras de temática moderna e actual.

lunes, 16 de noviembre de 2009

Este sábado: Encontro de avós e netos e teatro

Este próximo fin de semana, concretamente o sábado 21 de novembro, haberá dous eventos destacables neste concello. O Encontro avós e netos será no polideportivo municipal a partir das 13h onde dúas xeneracións comparten un día xuntos (haberá agasallos para todos e tamén sorteos de regalos ademais de festa)
O teatro será na Casa da Cultura ás 20h e neste caso será o grupo CEDEUVE TEATRO DE VILALBA, que representará a obra: 6 X 4 DÚAS DUCIAS. A entrada é libre e a obra é apta para tódolos públicos.

Pachi gañou o torneo de tenis Concello de O Vicedo

Pachi derrotou a Quelle na Final do torneo de Tenis Concello de O Vicedo por 7-6 e 6-0. O Campeonato B foi gañado por Celso Maciñeira que se impuxo a Miguel por 6-1, 6-3. O sábado, disputáranse as semifinais das dúas categorías.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Semifinais e finais do Torneo de Tenis

O próximo sábado 14 e domingo 15 de novembro disputaranse as semifinais dos campeonatos "A" e "B" da XI edición do torneo de tenis Concello de O Vicedo. Comezará a xornada ás 16h00 coa disputa da primeira semifinal "A" entre Quelle e Jacinto, a continuación a primeira semifinal "B" entre Gervasio e Celso, despois a segunda semifinal "A" entre Pachi e Pablo e por último, a segunda semifinal "B" entre Miguel e Kiko.
Xa o domingo serán as finais "B" (16h30) e, a continuación, a semifinal "A". Hai trofeos para os dous finalistas do Campeonato "A" e o Campeón "B".

lunes, 9 de noviembre de 2009

Primeira fase do torneo de tenis

Celebráronse as eliminatorias de oitavos de final e cuartos de final do torneo de tenis de O Vicedo. Despois dos enfrontamentos deste fin de semana, No campeonato "A" as semifinais disputarannas Quelle-Jacinto e Pachi-Pablo, as do campeonato "B" serán xogadas por Miguel-Kiko e Celso-Gervasio. Os partidos comezarán o sábado a partir das 16h.

viernes, 6 de noviembre de 2009

Este fin de semana: Teatro e tenis

Este fin de semana o Grupo de Teatro Hospital Xeral Calde de Lugo representará a obra O PARTO DE CALANDRINO. Esta obra trata un tema de moita actualidade: Calandrino está embarazado dunha tal Calandria.
Sábado 7 novembro. 20h. Casa da Cultura O Vicedo, entrada gratuita.
Ademais, comezará este fin de semana a undécima edición do Torneo de Tenis coa participación de 16 xogadores. Será sábado e domingo durante todo o día e o vindeiro fin de semana as fases finais.
Polideportivo municipal O Vicedo.

martes, 3 de noviembre de 2009

Programación cultural novembro 2009

-Torneo de tenis: 7, 8 14 e 15 de novembro
Por unha inscrición de 6 euros cada xogador xogará un mìnimo de 2 partidos porque se recupera este ano a modalidade de Campeonato B. Hai trofeos para o campeón e o subcampeón e para o campeón B. Inscrición antes do venres 6 de novembro en xuventudevicedo@hotmail.com

-Teatro: Grupo de teatro do Hospital Xeral de Lugo presenta O PARTO DE CALANDRINO. Sábado 7 novembro ás 20h.
O grupo do Hospital Xeral regresa á Casa de Cultura despois da moi boa acollida en pasados anos nas súas representacións a través dos Itinerarios Culturais. A diversión está asegurada con este grupo xa moi consolidado no teatro aficionado galego.

-Inicio obradoiros actividades
No Vicedo serán os luns (nenos de 3 a 5 anos de 17h15 a 18h15) e os xoves (nenos de 6 a 8 anos de 17h15 a 18h15 e nenos de 9 a 11 anos de 18h15 a19h15)
No Folgueiro serán os martes de 17h30 a 18h30 para nenos de 5 a 11 anos.

-Teatro: Cedeúve Teatro (Vilalba) presenta 6 X 4...DÚAS DUCIAS
Outro dos grupos consolidados na provincia e que xa presentaron varias obras no Vicedo. Regresan neste caso cunha divertidísima obra sobre 6 mulleres que contan as súas vidas.

lunes, 2 de noviembre de 2009

Gran participación no Samaín 2009

Nunha cálida noite de outubro, celebrouse a 7ª edición do Desfile de Samaín percorrendo algunhas das principais rúas do Vicedo. Houbo unha gran participación, animada pola boa temperatura e polo feito de ser sábado, e rematouse cun gran magosto do que se puido disfrutar mesmo no exterior da Casa da Cultura.






viernes, 30 de octubre de 2009

Desfile de Samaín

Mañá sábado ás 20h terá lugar o Desfile de Samaín. Ó longo desta semana vense traballando na preparación deste desfile e por fin mañá sábado será o desfile que rematará cun pequeno magosto. A Saída e chegada será na Casa da Cultura e están invitados todos aqueles que o desexen, so deben traer unha saba branca ou una camiseta longa branca e moitas ganas de brincar e divertirse.
Fotos da preparación do desfile:

lunes, 26 de octubre de 2009

Inicio dos obradoiros do Samaín

Un ano máis, e xa será a 7ª edición, celebrarase o vindeiro sábado 31 de outubro o DESFILE DE SAMAÍN, un desfile onde os nenos e xóvenes e adultos do Vicedo percorrerán as principais rúas do núcleo do Vicedo ataviados con hábitos brancos, os rostros pintados e as calabazas iluminadas. Ó final do desfile haberá un pequeno magosto para tódolos participantes no desfile.
Para preparar todo este evento iniciarase hoxe luns, nos baixos da Casa da Cultura (antigas instalacións do cuartel da Garda Civil) os obradoiros de preparación consistentes en preparación de calabazas, preparación de cancións e traxes... A estes obradoiros asisten tanto nenos como adultos e serán desde este luns ata o venres de 15h30 a 19h.Para máis información sobre a Orixe e características do Samaín:

lunes, 19 de octubre de 2009

Teatro: Axóuxeres de Foz presenta O VELORIO DE XAN PEROLO

O próximo sábado 24 de outubro ás 20h representarase na Casa da Cultura do Vicedo a obra O VELORIO DE XAN PEROLO a cargo da compañía AXÓUXERES de Foz. Trátase dunha divertida obra para tódolos públicos que forma parte do proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo. A entrada é gratuita.

viernes, 9 de octubre de 2009

O sábado 17 de outubro "outono no Río Sor" na ruta de sendeirismo Morgallón-Río Sor-Morgallón

O Sábado 17 de outubro está convocada a visita guiada á ruta de sendeirismo MORGALLÓN-RÍO SOR-MORGALLÓN (PR-G 8) homologada pola Federación Galega de Montañismo. Trátase dunha época especialmente fermosa para visitar o Río Sor en pleno outono. O punto de encontro será a Casa da Cultura ás 9:30h, desde alí desprazarémonos en coches particulares ata Morgallón para emprender a marcha.
Para máis información sobre as características da ruta pincha neste enlace:
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=32111&crec=33804&cidi=E

jueves, 8 de octubre de 2009

Reunión para establecer horarios e dias de curso de pilates e aerobic

Hoxe xoves 8 de outubro ás 20h será a reunión para establecer dias e horas para o curso de aerobic e pilates que en dous turnos e dous días á semana, se celebrará na Casa da Cultura durante o curso escolar. O prezo será de 17 € ó mes.

viernes, 2 de octubre de 2009

Programación cultural outubro

-Inicio aerobic e pilates. Xoves 8 de outubro ás 20h.
Nun principio será os martes e xoves, pilates de 19:30h a 20:30h e aerobic de 20:30h a 21:30h. Haberá unha reunión o xoves 8 de outubro ás 20h para explicar as características do curso e poñerse dacordo nos días e horarios.

-Sendeirismo: "outono no Río Sor". Sábado 17 setembro ás 9:30h
Ruta homologada Morgallón-Río Sor-Morgallón de 7 km. Punto de encontro Casa da Cultura ás 9:30h desde onde se partirá en coches particulares ata o inicio da ruta.

-Teatro: "O Velorio de Xan Perolo" Sábado 24 de setembro ás 20h.
O grupo de teatro Axóuxeres de Foz presenta esta divertida obra para tódolos públicos na Casa da Cultura de O Vicedo.

-7º Desfile de Samaín. Sábado 31 de outubro ás 20h.
Unha nova edición do desfile de Samaín que percorrerá as principais rúas de O Vicedo. É un desfile marcadamente infantil e xuvenil pero tamén participan moitos adultos. Durante a semana escolar previa a este desfile haberá obradoiros de preparación de calabazas, traxes, música...

martes, 29 de septiembre de 2009

Avance programación outono

Este outono recén comezado están previstas numerosas actividades socioculturais, desde unha novedosa programación teatral subvencionada pola Deputación de Lugo ata o desfile de Samaín, o inicio dos obradoiros de actividades no Vicedo e Folgueiro, actividades deportivas, torneo de tenis, inicio tamén do aerobic e pilates e máis sorpresas. En poucos días anunciaremos a programación definitiva prevista para o vindeiro mes de outubro.

miércoles, 26 de agosto de 2009

fotos da ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo

Hoxe mércores cunha temperatura moi agradable realizouse a ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo. Publicamos fotos dalgúns dos puntos destacados.

lunes, 24 de agosto de 2009

Esta semana: Ruta de sendeirismo e campeonato de volei praia

O mércores 26 de agosto a partir das 9:30h (saíndo da casa da cultura) todos aqueles que queiran poderán percorrer gratuitamente e acompañados de guías a ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo, que comeza na praia de Caolín e remata na praia de Area Grande (S. Román). Durante esta ruta percorrerase boa parte da Costa do Vicedo e, como novidade, percorrerase un tramo novo recén aberto entre a zona das Laxes (cerca de Xilloi) e a praia de Tixoso. Así, pasarase por un punto moi cercano á Illa Coelleira.
O total do percorrido será duns 10 km que se espera completar nunhas 3 horas.

Por outra parte, o xoves 27 a partir das 16h na praia de Xilloi haberá unha nova edición do campeonato de volei praia. É para maiores de 15 anos, non é obrigatorio que sexa parella mixta e a inscrición será de 6€ por parella. Hai premios en metálico e trofeos para os 3 primeiros clasificados. Inscrición no 982 59 01 95.

miércoles, 19 de agosto de 2009

Última ruta de canoas do verán en O Vicedo

Hoxe mércores celebrouse con moito sol e participación, a última das rutas de kayaks organizadas polo Concello de O Vicedo para este verán. O próximo mércores 26 de agosto será unha ruta de sendeirismo "Costa de O Vicedo" entre O Vicedo e S. Román.


viernes, 14 de agosto de 2009

Éxito de participación e público no concurso de castelos de area

Cun gran éxito de participación e público celebrouse un ano máis o tradicional concurso de castelos de area. Os resultados foron os seguintes:
Categoría infantil:
1º: Yuri-Quique-Paula
2º: Coral-chus-Santi
Categoría xuvenil
1º: Silvia-Andrea-Silvia
2º: Ignasi-María
3º: Mª Mercedes-Lidia-Ana
Categoría adultos
1º: Héctor-Guillem - Ariadna
2º: Pedro-Francisco-Forxa
3º: Miguel-Nati











Concurso de castelos de area

Hoxe venres 14 de agosto ás 16:30h hai unha cita na praia de Xilloi: O tradicional concurso de castelos de area. Haberá 3 categorías: infantil, xuvenil e adultos e premios para os 3 primeiros clasificados de cada categoría.

Charla do Centro Querote

Este xoves celebrouse a charla do Centro Quérote de Burela. Participaron xóvenes de diferentes idades que compartiron as súas ideas sobre sexualidade.

miércoles, 12 de agosto de 2009

Obradoiro SEN PREVIA CITA do centro Quérote na Casa da Cultura

Mañá xoves 13 de agosto de 17h a 19h celebrarase na Casa da Cultura de O Vicedo o Obradoiro "SEN PREVIA CITA" organizado polo CENTRO QUÉROTE de Burela en colaboración co Concello de O Vicedo.
Este obradoiro está dirixido a mozos e mozas maiores de 16 anos e é moi dinámico xa que durante o obradoiro poden ver videos, música, etc... nun ambiente moi divertido.

lunes, 10 de agosto de 2009

Ruta mixta sendeirismo/canoas o mércores 12

O próximo mércores 12 de agosto celebrarase unha nova ruta mixta de sendeirismo e canoas . Será a partir das 10h saíndo da Praia de Xilloi en marcha de sendeirismo ata o porto de Barqueiro.
Despois é o momento de montar nas canoas tipo kayak (insumerxibles e aptas para tódalas idades) para regresar por mar ata Xilloi.
A ruta ten un prezo de 15€ por persoa (se se fai só a ruta de sendeirismo é gratuita). Tamén hai a posibilidade de facer só a ruta en canoas polo mesmo prezo de 15€. Os participantes irán acompañados por monitores nas 2 actividades.

Gran éxito da gala de danza moderna e bailes de salón

Os alumnos dos obradoiros de bailes de salón e danza moderna participaron xunto cun grupo de bailes de salón de Xixón e outro de danza moderna de Avilés, na gala de presentación con moi boa presencia de público e participación. Aquí se poden ver unhas fotos do evento.
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

jueves, 6 de agosto de 2009

Gala de presentación dos alumnos dos obradoiros de danza moderna e bailes de salón

Mañá venres 7 de agosto ás 20:30h terá lugar a gala de presentación dos alumnos dos obradoiros de bailes de salón (adultos) e danza moderna e hip hop (menores de idade) que se veñen celebrando desde o pasado 27 de xullo. Ademais, acompañarán ós alumnos destes obradoiros un grupo de hip hop de Avilés e un grupo sorpresa.

Primeira charla sobre sexualidade do Centro Querote

Este xoves celebrouse unha charla sobre sexualidade con participantes dun amplo abanico de idades o cal enriqueceu a propia charla entre xeneracións. A próxima edición será o vindeiro xoves 13 de agosto ás 17h e estará destinada a mozos e mozas maiores de 16 anos.

miércoles, 5 de agosto de 2009

Obradoiro do Centro Quérote

O xoves 6 de agosto a partir das 17h na Biblioteca da Casa da Cultura de O Vicedo impartirase un obradoiro do Centro Quérote da Xunta de Galicia denominado "Quérome." Trátase dun obradoiro de erótica femenina para mulleres maiores de 18 anos que pretende ser un espacio de reflexión sobre a sexualidade vista desde o punto de vista da muller.

jueves, 30 de julio de 2009

Programación cultural Agosto

Rutas de sendeirismo e/ou canoas
-5 agosto: Atardecer no Río Sor en canoas (Ribeiras do Sor-Porto do Vicedo). Saída do Porto do Vicedo en vehículos da empresa ás 19h.
-12 agosto: Sendeirismo/canoas: Praia de Xilloi - Porto do Barqueiro (sendeirismo) e Porto do Barqueiro - Praia de Xilloi (canoas). Saída da praia de Xilloi: 10h.
-19 agosto: Subida do Río sor en canoas: Porto do Vicedo - Ribeiras do Sor. Saída do porto do Vicedo: 11:30h.
-26 agosto: Ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo (10 km): Praia de Caolín - Praia de Area Grande. Saída da Casa da Cultura ás 9:30h.
Sendeirismo: Gratis, canoas: 15€ por persoa

Charlas do Centro Quérote:
"Quérome":Obradoiro sobre erótica para mulleres maiores de idade. Xoves 6 agosto. 17-19h
"sen previa cita": Obradoiro sobre sexualidade con videos, música...para mozos e mozas maiores de 16 anos. Xoves 13 agosto. 17h-19h

Exposición fotográfica "Do areal ao peirao" do 4 ó 17 de agosto (sala de exposicións)

Concurso de castelos de area: varias categorías (infantil, xuvenil e adultos) premios para os 3 primeiros de cada categoría.Venres 14 agosto. 16:30h Praia de Xilloi.

Campeonato mixto de volei praia:
6€/parella. premios en trofeos e en metálico. Xoves 27 agosto. 16h. Praia de Xilloi

Escolas deportivas de verán: Fútbol, baloncesto, badminton, voleibol
(luns, mércores e venres entre as 11h e as 13h para nenos e nenas entre 6 e 12 anos)

miércoles, 29 de julio de 2009

Fotos da ruta mixta sendeirismo canoas

Mostramos aquí algunhas fotografías da actividade realizada o mércores 29 de xullo onde a combinación de sendeirismo e canoas xunto co bon tempo reinante toda a mañá, fixo que os asistentes rematasen moi satisfeitos e encantados co entorno natural da Costa do Vicedo.
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

lunes, 27 de julio de 2009

Primeira ruta mixta (sendeirismo/canoas) do verán

O próximo mércores celebrarase a primeira ruta mixta de sendeirismo e canoas do verán. Será a partir das 10h saíndo da Praia de Xilloi en marcha de sendeirismo ata o porto de Barqueiro.
Despois é o momento de montar nas canoas tipo kayak (insumerxibles e aptas para tódalas idades) para regresar por mar ata Xilloi.
A ruta ten un prezo de 15€ por persoa (se se fai só a ruta de sendeirismo é gratuita). Tamén hai a posibilidade de facer só a ruta en canoas polo mesmo prezo de 15€. Os participantes irán acompañados por monitores nas 2 actividades.

jueves, 23 de julio de 2009

Obradoiros de bailes de salón e de danza moderna

O próximo luns 27 de xullo comezan na Casa da Cultura do Vicedo 2 obradoiros xa tradicionais do verán deste municipio. Trátase do obradoiro de danza moderna e hip hop para xóvenes e o obradoiro de bailes de salón para adultos.
O primeiro será de luns a venres ata o 7 de agosto en horario de 11h a 13h e está destinado a nenos e xóvenes (idade mínima: 5 anos) distribuidos en varios grupos.
O obradoiro de bailes de salón será nas mesmas datas e será de 20:30h a 21:30h.
A Actividade é gratuita e podese incorporar a ela ó longo da semana sen que sexa problema coller o ritmo, etc.

martes, 21 de julio de 2009

A Caixiña de Mistos estivo no Vicedo

Este pasado martes estivo a actividade "A CAIXIÑA DOS MISTOS" no Vicedo. Participaron moitos nenos e nenas menores de 14 anos que puideron visionar as diferentes proxeccións infantís que se lles proxectaban dentro da caravana.

lunes, 20 de julio de 2009

"A Caixiña de Mistos" en O Vicedo

Son proxeccións breves (entre 5 e 20 min) de cine infantil para nenos entre 0 e 14 anos. A pantalla está instalada nunha pequena caravana que se situará na explanada da Casa da Cultura o martes 21 de xullo e que fará proxeccións continuas entre as 11h e as 13h e de 16h a 19h. Organiza: Deputación de Lugo e Concello de O Vicedo.
Máis información en http://www.caixadosmistos.com/portada.html

Festa do Turismo Rural 09

Máis de 2000 persoas se achegaron ó parque eólico de Riobarba nunha xornada soleada e con temperaturas agradables para disfrutar da XI edición da Festa. Houbo moi bo ambiente e participación de cabalos e cabaleiros e a festa posterior rematou ás 23h.
BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

jueves, 16 de julio de 2009

Fotografías da actividade "Atardecer no Río Sor"

O mércores 15 de xullo celebrouse a primeira das rutas de kayaks polo Río Sor cunha boa participación tanto de xente do propio municipio como foráneos. A actividade consistia en remontar o río aproveitando a subida da marea partindo do porto pesqueiro do Vicedo, pasando polo Barqueiro e remontando o Río Sor ata as Ribeiras do Sor. En apenas 2 horas se completou a actividade organizada polo Concello de O Vicedo a un prezo de 15€ por persoa.
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

lunes, 13 de julio de 2009

Ruta de kayaks polo Río Sor

O próximo mércores 15 de xullo ás 19h celebrarase a ruta de kayaks entre o Porto do Vicedo e Ribeiras do Sor. Esta ruta, que dura unhas 2 horas, percorre un primeiro tramo marítimo, onde se cruza a ría, para logo adentrarse no Río Sor ata o lugar de Ribeiras do Sor. Esto fai que a ruta sexa moi variada e divertida. O prezo por persoa é de 15 euros e a actividade é apta para maiores de 8 anos e non ten risco porque se realiza en canoas insumerxibles e os participantes van dotados de equipos de seguridade. A inscrición debe facerse no teléfono 982 59 01 95.
BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

miércoles, 8 de julio de 2009

Ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo

O próximo sábado 11 de xullo a partir das 9:30h (saíndo da casa da cultura) todos aqueles que queiran poderán percorrer gratuitamente e acompañados de guías a ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo, que comeza na praia de Caolín e remanta na praia de Area Grande. Durante esta ruta percorrerase boa parte da Costa do Vicedo e, como novidade, percorrerase un tramo novo recén aberto entre a zona das Laxes (cerca de Xilloi) e a praia de Tixoso. Así, pasarase por un punto moi cercano á Illa Coelleira.
O total do percorrido será duns 10 km que se espera completar nunhas 3 horas.

jueves, 2 de julio de 2009

Programación mes de xullo

-----Rutas de sendeirismo e canoas
-11 xullo (sábado): Ruta Costa de O Vicedo (10km) Praia de Caolín-Praia de Area Grande. Percorrerase o novo tramo entre Xilloi e tixoso pola costa cunha espectacular vista sobre a Illa Coelleira.
-15 de xullo: Atardecer no Río Sor en canoas. Porto do Vicedo-Ribeiras do Sor. Saída do porto do Vicedo ás 19h (Regreso en vehículos da empresa de actividades)
-29 xullo: Ruta mixta sendeirismo e canoas. Praia de Xilloi - Porto do Barqueiro (sendeirismo) e Porto do Barqueiro -Praia de Xilloi (Canoas). Saída de Xilloi: 10h (Hai a posibilidade de facer só a ruta de sendeirismo gratuitamente.
Canoas: Prezo por persoa: 15 €. Teléfono de información e inscrición: 982 59 01 95

-----Obradoiro de hip-hop e bailes de salón
Hip hop e danza moderna: Do 27 de xullo ó 7 de agosto de 11h a 13h (a partir de 5 anos)
Bailes de salón: Do 27 de xullo ó 7 de agosto de 20:30h a 21:30h
Venres 7 agosto. 20h. Exhibición cos alumnos participantes e grupos profesionais de baile.
Actividade gratuita.

-----Festa Turismo Rural: Misa de campaña, degustación de productos típicos, campeonato ecuestre, festa...
Domingo 19 de xullo a partir das 13h no parque eólico de Riobarba.

-----Cine Infantil: A Caixiña dos mistos: Proxeccións de entre 5 e 20 minutos para nenos de 0 a 14 anos nunha caravana adaptada para actividade (actividade subvencionada pola Deputación de Lugo)
Martes 21 de xullo de 11h a 13h e de 16h a 19h.

lunes, 29 de junio de 2009

Avance actividades verán 09

En poucos dias anunciaremos a programación cultural prevista para o verán que consistirá basicamente en Rutas de sendeirismo, kaiaks, bailes de salón e hip hop, cine, teatro, a tradicional festa do cabalo, castelos de area, dúas actividades sobre sexualidade organizadas polo centro Quérote, etc... Informaremos proximamente

jueves, 25 de junio de 2009

Gala fin de curso da APA

O mércores 24 de xuño celebrouse na Casa de Cultura a gala de fin de curso das actividades da APA. Ante un moi bo número de espectadores, houbo exhibición dos alumnos de ximnasia rítmica, karate e gaitas.











jueves, 18 de junio de 2009

Horario de verán da casa da cultura

Desde o pasado 15 de xuño e ata o 15 de setembro o horario da Casa da Cultura será de 10h a 14h e de 19h a 21h.

miércoles, 17 de junio de 2009

2 novas incorporacións á biblioteca de O Vicedo

A Biblioteca de O Vicedo ven de incorporar 2 libros de moito éxito en castelán como son LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS (unha novela sobre unha parella que sofre unha conmovedora e dolorosa historia) e ANATOMIA DE UN INSTANTE (Unha especie de crónica sobre o 23F que está sendo un éxito de ventas)

sábado, 13 de junio de 2009

festa fin obradoiros

Celebrouse a festa final de despedida dos obradoiros de actividades na praia de Xilloi e houbo xogos tradicionais como a chave e a billarda, camisetas para tódolos nenos, un pequeno lote de libros e moita diversión. Asistiron os nenos que participaron durante todo o curso nos obradoiros de Vicedo e Folgueiro organizados polo Concello de O Vicedo.











miércoles, 10 de junio de 2009

Festa fin de obradoiros de actividades

Este venres 12 de xuño a partir das 17h na praia de Xilloi terá lugar a festa de fin de curso dos obradoiros de actividades que se veñen celebrando os luns, mércores e venres no Vicedo e Folgueiro para nen@s entre 3 e11 anos.
Nesta pequena festa haberá xogos e actividades na propia praia, agasallos, etc e colaborará persoal de Protección Civil de O Vicedo.

lunes, 8 de junio de 2009

Éxito do obradoiro de coñecemento da flora de Abrela

Uns 15 nenos e nenas de primaria de O Vicedo participaron no obradoiro celebrado na praia de Abrela e no mesmo puideron participar nun pequeno xogo e na elaboración dun mural onde plasmaron as diferentes especies da flora dunar da praia de Abrela.