martes, 27 de enero de 2009

Noite de xogos de mesa na Casa da Cutura do Vicedo

O venres 30 a partir das 21:30h terá lugar unha nova edición das noites de xogos de mesa para maiores de 14 anos e adultos. Os asistentes poderán xogar ós principais xogos de mesa do momento: Scattergories, Tabú, Party & Co, Monopoly, Scrabble... e outros máis tradicionais como o parchís, damas...
Agardamos a vosa presencia para pasar unha noite de venres diferente!!

lunes, 19 de enero de 2009

Comezan as obras do novo parque infantil de O Vicedo

Operarios municipais comezaron a acondicionar o lugar onde se instalará o novo parque infantil que estará dividido en dúas zonas: xogos para menores de 3 anos e para maiores de esa idade. Estará situado ó lado da Casa da Cultura e do Multiusos e servirá para que o utilicen tamén os alumnos menores de 3 anos do Punto de Atención á Infancia.

lunes, 5 de enero de 2009

Diversión e partipación en Lugolandia

2 autobuses desprazáronse desde O Vicedo ata Lugo para que pais e nenos puidesen disfrutar dunha fantástica tarde de xogos, atraccións, pista de xeo, karts, etc. A actividade foi sufragada polo Concello de O Vicedo.