lunes, 30 de noviembre de 2009

Teatro este fin de semana

O grupo de teatro O BORDELO de Cervo presenta a obra "O mariñán" este sábado 5 de decembro ás 20h. A entrada é gratuita.

viernes, 20 de noviembre de 2009

Teatro mañá sábado 21 novembro

O grupo de teatro CEDEUVE de Vilalba presenta a obra 6 x 4...dúas ducias mañá 21 de novembro ás 20h con entrada gratuita.
Trátase dun grupo que xa estivo noutras ocasións no Vicedo e que sempre presenta obras de temática moderna e actual.

lunes, 16 de noviembre de 2009

Este sábado: Encontro de avós e netos e teatro

Este próximo fin de semana, concretamente o sábado 21 de novembro, haberá dous eventos destacables neste concello. O Encontro avós e netos será no polideportivo municipal a partir das 13h onde dúas xeneracións comparten un día xuntos (haberá agasallos para todos e tamén sorteos de regalos ademais de festa)
O teatro será na Casa da Cultura ás 20h e neste caso será o grupo CEDEUVE TEATRO DE VILALBA, que representará a obra: 6 X 4 DÚAS DUCIAS. A entrada é libre e a obra é apta para tódolos públicos.

Pachi gañou o torneo de tenis Concello de O Vicedo

Pachi derrotou a Quelle na Final do torneo de Tenis Concello de O Vicedo por 7-6 e 6-0. O Campeonato B foi gañado por Celso Maciñeira que se impuxo a Miguel por 6-1, 6-3. O sábado, disputáranse as semifinais das dúas categorías.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Semifinais e finais do Torneo de Tenis

O próximo sábado 14 e domingo 15 de novembro disputaranse as semifinais dos campeonatos "A" e "B" da XI edición do torneo de tenis Concello de O Vicedo. Comezará a xornada ás 16h00 coa disputa da primeira semifinal "A" entre Quelle e Jacinto, a continuación a primeira semifinal "B" entre Gervasio e Celso, despois a segunda semifinal "A" entre Pachi e Pablo e por último, a segunda semifinal "B" entre Miguel e Kiko.
Xa o domingo serán as finais "B" (16h30) e, a continuación, a semifinal "A". Hai trofeos para os dous finalistas do Campeonato "A" e o Campeón "B".

lunes, 9 de noviembre de 2009

Primeira fase do torneo de tenis

Celebráronse as eliminatorias de oitavos de final e cuartos de final do torneo de tenis de O Vicedo. Despois dos enfrontamentos deste fin de semana, No campeonato "A" as semifinais disputarannas Quelle-Jacinto e Pachi-Pablo, as do campeonato "B" serán xogadas por Miguel-Kiko e Celso-Gervasio. Os partidos comezarán o sábado a partir das 16h.

viernes, 6 de noviembre de 2009

Este fin de semana: Teatro e tenis

Este fin de semana o Grupo de Teatro Hospital Xeral Calde de Lugo representará a obra O PARTO DE CALANDRINO. Esta obra trata un tema de moita actualidade: Calandrino está embarazado dunha tal Calandria.
Sábado 7 novembro. 20h. Casa da Cultura O Vicedo, entrada gratuita.
Ademais, comezará este fin de semana a undécima edición do Torneo de Tenis coa participación de 16 xogadores. Será sábado e domingo durante todo o día e o vindeiro fin de semana as fases finais.
Polideportivo municipal O Vicedo.

martes, 3 de noviembre de 2009

Programación cultural novembro 2009

-Torneo de tenis: 7, 8 14 e 15 de novembro
Por unha inscrición de 6 euros cada xogador xogará un mìnimo de 2 partidos porque se recupera este ano a modalidade de Campeonato B. Hai trofeos para o campeón e o subcampeón e para o campeón B. Inscrición antes do venres 6 de novembro en xuventudevicedo@hotmail.com

-Teatro: Grupo de teatro do Hospital Xeral de Lugo presenta O PARTO DE CALANDRINO. Sábado 7 novembro ás 20h.
O grupo do Hospital Xeral regresa á Casa de Cultura despois da moi boa acollida en pasados anos nas súas representacións a través dos Itinerarios Culturais. A diversión está asegurada con este grupo xa moi consolidado no teatro aficionado galego.

-Inicio obradoiros actividades
No Vicedo serán os luns (nenos de 3 a 5 anos de 17h15 a 18h15) e os xoves (nenos de 6 a 8 anos de 17h15 a 18h15 e nenos de 9 a 11 anos de 18h15 a19h15)
No Folgueiro serán os martes de 17h30 a 18h30 para nenos de 5 a 11 anos.

-Teatro: Cedeúve Teatro (Vilalba) presenta 6 X 4...DÚAS DUCIAS
Outro dos grupos consolidados na provincia e que xa presentaron varias obras no Vicedo. Regresan neste caso cunha divertidísima obra sobre 6 mulleres que contan as súas vidas.

lunes, 2 de noviembre de 2009

Gran participación no Samaín 2009

Nunha cálida noite de outubro, celebrouse a 7ª edición do Desfile de Samaín percorrendo algunhas das principais rúas do Vicedo. Houbo unha gran participación, animada pola boa temperatura e polo feito de ser sábado, e rematouse cun gran magosto do que se puido disfrutar mesmo no exterior da Casa da Cultura.