jueves, 24 de noviembre de 2016

Nova App de sendeirismo Caminos de O Vicedo

Atención sendeiristas e turistas! Xa está dispoñible para descargar a aplicación para smartphones CAMINOS DE O VICEDO. Tamén dispoñible en versión web, facilitará tanto a preparación da viaxe para percorrer calquera das 2 rutas homologadas pola Federación de Montañismo neste concello como, xa realizando o propio percorrido, ver os punto de interese próximos, etc. Nestas fotografías vedes as principais características da aplicación e a web. Podedes acceder á páxina web pinchando no seguinte link: www.elcaminoentumano.com e a aplicación pódese descargar en Google play e na App Store
























martes, 25 de octubre de 2016

O sábado 29 de outubro ás 20h: Teatro

Este sábado ás 20h volve o teatro á Casa da Cultura, será neste caso o grupo de teatro afeccionado O Bordelo que nos trae a obra XUBILANDO.
A obra é apta para todos os públicos e ten diversión asegurada xa que este grupo xa estivo varias veces representando no Vicedo e gusta moito. Entrada gratuita.


 Aquí podedes ver unha parte doutra obra representada polo Bordelo:

martes, 11 de octubre de 2016

Teatro profesional na Casa de Cultura: Lucecús teatro presenta "A ÓRBITA DO LUCECÚ"

Cartel da obra de teatro A órbita do Lucecú que se vai representar este sábado 15 de outubro ás 20h na Casa da Cultura. A Compañía profesional Lucecús Teatro presenta esta obra coa seguinte sinopse:
A vida dun Lucecú non é doada. Un insaciable apetito e unha búsqueda constante cun único obxectivo: Transformarse, mudar e deslumbrar ao sexo contrario para deixar de estar só, para atopar a alguén e fundirse con el nun chorro de luz que dará paso a unha nova vida.
Nikola Tesla dicía que as grandes ideas nacen dun impulso. Pero eses impulsos non sempre son produtivos no seu nacemento senón despois, noutro momento máis grande, e terán poder suficiente para darlle forma incluso als nosos mesmos destinos.
Empresa busca astronautas para viaxar a Marte en 2025. O primeiro podes ser ti. Calquera pode ser un extraterrestre.
Tres compañeiros de piso a piques de cambiar os seus destinos, conviven no salón da súa casa. Explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, nikola Tesla e os Lucecús.



































Tamén aquí podedes ver un video do trailer da obra:

miércoles, 5 de octubre de 2016

Programación sociocultural outubro 2016

Programación sociocultural para o mes de outubro. Destacamos o teatro tanto profesional (a cargo da compañía Lucecús) como o amateur (co famoso grupo da comarca O Bordelo). Tamén hai que destacar o tradicional desfile de Samaín; desde aquí animamos tanto a nenos e nenas como adultos a participar no desfile do dia 31. Só teñen que traer unha cabaza e unha saba grande ou camiseta branca que quede grande. Despois xa serán caracterizados e maquillados na Casa da Cultura xusto antes de saír ao desfile.

lunes, 22 de agosto de 2016

A madrugada do venres ao sábado rematou o torneo de tenis de mesa 2016. Participaron 16 xogadores que se enfrentaron en 4 grupos de 4, pasando os dous mellores de cada grupo aos cuartos de final. Os resultados foron:
Semifinais: Fran - Alberto (3-2) e Sindo - Alfonso (3-1).
3º e 4º posto: Alberto - Alfonso (1-4)
Final: Sindo - Fran (4-2)
Desde a Casa da Cultura queremos agradecer aos participantes a súa asistencia e felicitar aos premiados.










viernes, 19 de agosto de 2016

Karaoke de verán 2016

Gran participación no karaoke de verán na terraza da Casa da Cultura. A xente moi animada e pedindo cancións continuamente. Novos e pequenos puideron cantar as súas cancións favoritas, subir ó escenario e disfrutar. Gracias a todos por participar!!


















miércoles, 17 de agosto de 2016

Ruta de sendeirismo Sendeiro Azul - Praia de Area Grande

Unhas 45 persoas participaron na ruta de sendeirismo duns 10 km programada hoxe dentro dos mércores de natureza nunha mañá moi propicia para a práctica do sendeirismo. Os camiñantes puideron disfrutar dunhas fermosas vistas sobre a costa occidental da Mariña de Lugo, da riqueza xeolóxica da zona de Fuciño do Porco e, por suposto, das praias de Abrela e Area Grande e das calas de Alegrín e Porto de Val, así como a cetárea de Medas do Castro.
A próxima ruta, a que rematará as edicións dos mércores de natureza por este verán, será o mércores 24 de agosto ás 10h co descenso do Río Sor en kayaks