miércoles, 18 de mayo de 2022

Actividade de animación á lectura no Vicedo

Nesta semana de celebración das Letras Galetas, chega o turno para a narración oral. Xarope Tulú achegarase de novo ao Vicedo para ofrecer o seu contacontos Estrafalaria, onde Atenea Garcia ofrece un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos e onde o público participa activamente no relato. Será o xoves ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo e está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos que queiran pasar un bo rato escoitando relatos de Atenea.



jueves, 21 de abril de 2022

Música Miúda en Concerto no Vicedo

Comezan as actividades de Animación á Lectura a través da campaña da Xunta de Galicia e Concello de  O Vicedo, dentro do programa Ler Conta Moito. A primeira actuación é musical. Trátase do grupo  Música Miúda, que actuará na Casa da Cultura do Vicedo o xoves 28 de abril a partir das 17h.

Entrada libre.




lunes, 4 de abril de 2022

Estrea Curtametraxe Jakobsland o sábado 9 de abril ás 19:30h

Estreno da curtametraxe "Jakobsland". O sábado ás 19:30h estrenaremos no Vicedo a curtametraxe Jakobsland, gravada integramente na nosa comarca entre os Concellos de O Vicedo e Mañón. Lembramos que para asistir hai que anotarse no 982 59 01 95 ou por mail a omix@concellodovicedo.org



jueves, 31 de marzo de 2022

Teatro no Vicedo: O Grupo Andanzas representa "Olvida los Tambores" na Casa da Cultura do Vicedo

O grupo de teatro de Viveiro Andanzas representará a obra en castelán "Olvida los Tambores", de Ana Diosdado, o sábado ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo. A Entrada é Gratuita. Trátase dun grupo de Viveiro que xa ten representado máis obras no Vicedo e que ten como característica máis representativa que as súas obras son en castelán. 




miércoles, 23 de marzo de 2022

Actuación do Coro Sons de Celeiro na Casa da Cultura o sábado 26 de marzo

O sábado 26 de marzo ás 19:30h o Coro Sons de Celeiro actuará na Casa da Cultura do Vicedo. Trátase dunha nova actuación deste coro no Vicedo presentando cancións moi coñecidas por todos os amantes desta música. A entrada é gratuita.


 

viernes, 25 de febrero de 2022

Estrea da curtametraxe Jakobsland

Xa podemos confirmar día e hora para a presentación oficial da curtametraxe Jakobsland, que foi gravada nas nosas terras ao longo do mes de setembro de 2021 e que trata de recrear a chegada dos viquingos á nosa costa. Os Concellos de O Vicedo e Mañón van habilitar autobuses para poder desprazarse gratuitamente á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela ese día e poder disfrutar todos xuntos da estrea. Para asistir debedes anotarvos no mail: omix@concellodovicedo.org ou no teléfono 982 59 01 95 (independemente de se vades ou non no autobús, hai que inscribirse)



lunes, 8 de noviembre de 2021

Teatro na Casa da Cultura

Esta semana volve o teatro á Casa da Cultura. O sábado 13 de novembro ás 20h O Grupo Nova Escena Teatro, de Lugo, representará a obra "A Tortilla e a Peste".Varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados ao mundo a través do finísimo fío da tecnoloxía.
Entrada gratuita.