lunes, 26 de diciembre de 2011

Playback 2011

Despois de moitos días de ensaios, celebrarase mañá  venres 30 ás 20h na Casa da Cultura o xa tradicional PLAYBACK DE NADAL NO VICEDO. Máis de 30 nenos e nenas entre 3 e 15 anos participarán cantando e bailando as cancións máis pegadizas do ano 2011.  

A entrada é de 2 € para adultos e 1 € para nenos e nenas e dará dereito a participar en sorteo de agasallos. O recaudado será para a APA do Vicedo para financiar as súas actividades. 

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Presentación do libro HISTORIAS DE DIOSES Y HOMBRES

O luns 5 de decembro a partir das 20h00 na Casa da Cultura do Vicedo o autor Enrique Mora Morandeira, veciño do Barqueiro e visitante habitual do noso pobo, presentará o libro HISTORIAS DE DIOSES Y HOMBRES. Estamos todos convidados á presentación onde nos falará da súa obra.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Video divulgativo da Ruta de Sendeirismo Costa de O Vicedo

Video con fotografías do percorrido e dos puntos máis destacados da ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo que une o porto do Vicedo coa praia de Area Grande, na parroquia de S. Román.
Son todas fotografías feitas desde a ruta e pódense ver como puntos destacados as praias de Area Grande, Xilloi, Caolín e Vidreiro, a Illa Coelleira, mirador de Tixoso, etc.
A ruta ten 13 km e faise en aproximadamente 3 horas

martes, 8 de noviembre de 2011

Obradoiros fronte ao cambio climático: Sostendo

Mañá mércores a partir das 17h30 celebraranse na Casa da Cultura do Vicedo 2 obradoiros para tratar o tema do cambio climático. Trátase dun obradoiro infantil e outro para adultos onde se farán actividades, debates, etc, que xiran en torno a este tema. Ademais haberá unha exposición na Casa da Cultura durante toda esta quincena con información relativa ao cambio climático.
Hai posibilidade de que aqueles que o desexen se lles expida un certificado de participación nestes obradoiros.
Máis información sobre os contidos dos obradoiros pinchando aquí

Organizan: Consellería de Medio Ambiente e Concello de O Vicedo

viernes, 4 de noviembre de 2011

Teatro en O Vicedo

O grupo de teatro AXÓUXERES de Foz representará a obra FARSA Á ESCOCESA E MATRIMONIO DO SÉCULO XXI mañá sábado 5 de novembro ás 19h30 na Casa da Cultura do Vicedo. Entrada gratuita.
Son 2 obras que se uniron por ser moi curtas, a sinopse é a seguinte:
"Xulián recibe unha carta do seu tío de Escocia, un empresario adiñeirado que quere montar unha empresa aquí e estalle propoñendo ser o presidente da súa nova empresa..."

miércoles, 26 de octubre de 2011

Samain 2011

Este xoves 27 comezarán os obradoiros de preparación do desfile de samaín que se celebrará o luns 31 ás 19h30. Será o xoves, venres e sábado a partir das 17h no sótano da Casa da Cultura e pode participar todo aquel que queira. En resume serán obradoiros onde se baleirarán calabazas, facéndolles os ollos e nariz e preparandolles o sitio para poñer a luz, poderán acudir nenos e nenas pero tamén se pide colaboración de adultos para un traballo bastante laborioso. Ademais, tamén haberá obradoiros para nenos a partir de 3 anos na biblioteca cos mesmos horarios con motivos que xiran en torno ó Samaín.

Para rematar o luns 31 será o desfile de Samaín. Comezará ás 19h30 partindo da Casa de Cultura e percorrerá as principais rúas do Vicedo. Poden participar nenos e adultos aínda que non acudiran ós obradoiros semanais sempre que traigan algún atuendo branco e unha calabaza xa rematada e con luz. Ó final haberá un magosto para tódolos participantes.
Máis información sobre o samain:
ORGANIZA: CONCELLO DE O VICEDO E APA O VICEDO

lunes, 24 de octubre de 2011

Comezan as clases de teatro no Vicedo

Este venres 28 de outubro comeza a actividade de obradoiro de teatro co fin de crear un grupo no Vicedo. Será os venres de 20h a 22h para os adultos e os sábados de 11h a 13h para os menores de 18 anos. Nun principio hai boa disposición e grandes posibilidades de que vaia adiante e se poida representar unha obra na primavera.

viernes, 21 de octubre de 2011

Teatro na Casa da Cultura

O sábado 22 de outubro ás 19h30 a compañía de teatro PINCHACARNEIRO representará a obra O MÉDICO A PAUS. A obra é apta para todolos públicos e a entrada é gratuita.
A sinopse da obra é a seguinte:
"Martina, resolta e digna, decide vengarse das machadas do seu home, Extende a fama de que é o mellor médico do mundo, pero é tan humilde que precisa que o mallen a paos para recoñecerse como tal..."
Esta obra enmárcase dentro do proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo e o Concello de O Vicedo.

martes, 11 de octubre de 2011

Reunión para formación dun grupo de teatro no Vicedo

-Dirixido a adultos
-Se se reúnen os interesados suficientes impartirase un obradoiro de teatro un día á semana con obradoiro de lectura dramatizada, expresión corporal, dicción, etc.
-A perspectiva é representar unha obra de cara á primavera de 2012.
-O obradoiro será impartido por un profesional do teatro

REUNIÓN INFORMATIVA O VENRES 21 DE OUTUBRO ÁS 20H NA CASA DA CULTURA DO VICEDO

viernes, 7 de octubre de 2011

Teatro na Casa da Cultura

Mañá sábado 8 de outubro a partir das 19h30 a compañía Falcatrueiros de Monterroso representará a obra O TANATORIO na Casa da Cultura do Vicedo. A Entrada é gratuita e a sinopse da obra é a seguinte:
"Nun tanatorio poden xuntarse personaxes de todo tipo, poden darse situacións moi diversas, De entrada este é un lugar serio, mais nel xorden momentos inesperados, surrealistas, incómodos e impredecibles dos que nós quixemos sacar partido. Non é unha comedia sobre a morte, mais si unha comedia sobre o que rodea a morte na nosa sociedade e tradición..."

martes, 13 de septiembre de 2011

lunes, 29 de agosto de 2011

Mércores de natureza: subida do Río sor en Kayaks

O mércores 31 de agosto ás 16h30 celebrase a ultima actividade correspondente ós mércores de natureza que organizou o Concello de O Vicedo e que consistían nunha actividade de sendeirismo, kayaks ou ruta mixta das dúas actividades todos os mércores de xullo e agosto. Este ano houbo unha pequena novidade que foi a visita ornitolóxica polo Vicedo e que contou con gran participación. Hai que destacar a boa participación en todas as actividades favorecidas por unhas condicións climatolóxicas boas en xeral.
Este mércores 31 ás 16h30, ruta de kayaks desde o porto do Vicedo ata Ribeiras do Sor. O punto de encontro será o Porto do Vicedo e o prezo é de 15€ por persoa.

martes, 23 de agosto de 2011

ruta de sendeirismo COSTA DE O VICEDO

Este mércores 24 de agosto farase a ruta da COSTA DE O VICEDO duns 14 km de percorrido e que se iniciará en S. Román para rematar no Porto de O Vicedo. Non se trata dunha ruta deportiva senón turística, tratando de mostrar varias das principais praias do municipio (Area Grande, Xilloi, Caolín, Vidreiro), zonas e instalacións pesqueiras (Porto do Vicedo, antigua fábrica de salazón, zonas de pesca de caña, etc), a Illa Coelleira desde o punto costeiro máis cercano a ela, etc.
O punto de encontro será o apeadeiro de FEVE do Vicedo desde onde sairá o tren ás 9h43 ata a estación de S. Román. Desde alí emprenderase a ruta guiada ata O Vicedo. Hai posibilidade tamén dun segundo punto de encontro que será a praia de Area Grande as 10h15.
A ruta é gratuita e durará unhas 4 horas. Anotacións no tlf 982 59 01 95

fotos obradoiro de difusión das conservas

lunes, 22 de agosto de 2011

obradoiro de fomento do consumo de conservas de peixe entre os nenos

MARTES 23 AGOSTO DE 11H A 13H NA CASA DA CULTURA DO VICEDO: OBRADOIRO PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA (OBRADOIRO DE FOMENTO DE CONSUMO DE CONSERVAS DE PEIXE ENTRE OS NENOS.
-Obradoiros dirixidos a menores de 5 a 16 anos onde dunha forma divertida, explícaselles ás nenas e nenos a importancia dos produtos do mar nunha dieta equilibrada.
-Mergullaranse na aventura “Do mar á lata, e da lata aoteu bocata”, onde experimentarán o labor dos mariñeiros,coñecerán o proceso dunha fábrica conserveira, aprenderán a clasificar os peixes e mariscos propios da nosa comunidade, valorarán a importancia do coidado e conservación dos recursos mariños,… e prepararán oseu bocata de atún, mexillóns ou xoubas, seguindo as receitas que se incorporan ao programa: www.ponlleaspilasaoteubocata.com

Rematou o obradoiro de hip hop e bailes de salón con exhibición (fotos)

viernes, 19 de agosto de 2011

Fotografías concurso castelos area 2011

Celebrouse esta tarde o tradicional concurso cunha moi boa participación de adultos e nenos que se entregaron en facer as súas mellores figuras na praia da Abrela. Ao final houbo premios para os tres primeiros equipos clasificados das tres categorías e caramelos para todos.
Aqui podedes ver as fotos da tarde

jueves, 18 de agosto de 2011

Concurso de figuras de area e exhibición de baile moderno e hip hop

Mañá venres haberá 2 actividades socioculturais no Vicedo. En primeiro lugar, a partir das 16h na praia de Abrela, celebrarase o xa tradicional concurso de figuras de area. Haberá 3 categorías: Infantil, xuvenil e adultos e haberá premios para os 3 primeiros clasificados de cada categoría ademais de agasallos para todos.

Posteriormente, ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo, haberá unha exhibición de bailes de salón e danza moderna onde participarán os alumnos dos obradoiros de danza moderna e bailes de salón que se veñen celebrando desde finais de xullo e tamén actuarán parellas e grupos profesionais de bailes de salón.

Fotografías atardecer en Kayaks

lunes, 15 de agosto de 2011

Mércores de natureza: Este mércores kayaks, atardecer no río Sor

Este mércores 17 de agosto a partir das 19h comezará a actividade correspondente ós mércores de natureza deste verán. Nesta ocasión será unha actividade de kayaks que consistirá en pasar o atardecer polo río Sor e a Ría.
O punto de encontro será o Porto do Vicedo, desde onde os participantes serán levados en furgonetas ata Ribeiras do Sor (río arriba) para comezar alí a ruta e que rematará novamente no porto do Vicedo.
Anotacións na Casa da Cultura tlf 982 59 01 95. Prezo 15€

viernes, 12 de agosto de 2011

hoxe actuacion de Miki Nervio na Casa da Cultura

Hoxe ás 22h30 actúa MIKI NERVIO AND THE BLUESMAKERS na terraza da Casa da Cultura do Vicedo. Aqui podedes ver un vídeo dalgunha actuacíon súa.

miércoles, 10 de agosto de 2011

fotos visita ornitolóxica por Vicedo

Lembrade que esta tarde ás 20h haberá unha proxección de fotografías na Casa da Cultura con fotografías das numerosas especies de aves atopadas na zona.

martes, 9 de agosto de 2011

Este mércores: Ruta ornitolóxica por Vicedo

Dentro dos mércores de natureza, este mércores 10 correspóndelle o turno á visita ornitolóxica polo Vicedo. Trátase dunha pequena ruta guiada por un gran aficionado ó mundo da ornitoloxía e que nos mostrará diferentes especies que nos atopamos todos os días no noso entorno. A ruta comezará ás 9h00 na Casa da Cultura e é gratuita.
Ademais disto, a partir das 20h00 proxectaranse na Casa da cultura unhas fotografías do propio guía froito da súa experiencia de moitos anos observando aves pola zona.

miércoles, 3 de agosto de 2011

Fotos ruta acantilados de Loiba - Barqueiro - O Vicedo

Cun fermoso día e moi boa participación celebrouse hoxe esta ruta de sendeirismo que finalmente foi de 20 km e que percorreu toda a liña de costa entre Loiba e o Vicedo.
Aquí se pode ver unha presentación rápida das fotografías da excursión, para velas con máis calidade podesdes pinchar nelas e abrirase un visor de fotografías.

martes, 26 de julio de 2011

Inicio obradoiros bailes de salón para adultos e danza moderna para xóvenes

Acaban de comezar os obradoiros de bailes de salón e danza moderna. A danza moderna é de luns a venres de 11h00 a 13h00 para nen@s maiores de 5 anos e os bailes de salón son para adultos e xóvenes de 20h30 a 21h30. Estes obradoiros, xa tradicionais nos veráns do Vicedo, son gratuitos e celebraranse entre o 26 de xullo e o 5 de agosto e tamén do 16 ó 19 de agosto e os interesados pódense incorporar en calquera momento a eles.

lunes, 25 de julio de 2011

ruta mixta sendeirismo kayaks este mercores 27

A actividade correspondente ós mércores de natureza desta semana será unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks. En primeiro lugar haberá un tramo de sendeirismo entre o porto do Barqueiro e o Porto de Bares, duns 10 km, un tramo de extraordinaria beleza xa que percorre os puntos mais altos das montañas que rematan na Estaca de Bares. A continuación comezará a ruta de kayaks que irá entre os portos de Bares e Barqueiro. Ó longo do percorrido visitarase a praia de Vilela e outros puntos de interés da Ría.
As rutas seran guiadas e será gratuita para os que só fagan sendeirismo. Os que fagan as dúas rutas pagan 15€ por persoa. Punto de encontro: Porto do Barqueiro ás 10h00

Inscrición: Casa da Cultura do Vicedo no tlf 982 59 01 95 ou concello@concellodovicedo.org

lunes, 18 de julio de 2011

Ruta de kayaks ATARDECER NO RÍO SOR

O próximo mércores 20 de xullo haberá a terceira das actividades dos mércores de natureza no Vicedo. Será nesta ocasión a ruta de kayaks ATARDECER NO RÍO SOR, que comezará ás 19h00 no Porto do Vicedo desde onde se cruzará a ría para posteriormente remontar un tramo do Río Sor pasando polo porto do Barqueiro, Pontes sobre o Río Sor, Illa de S. Martín e remate no lugar de Ribeiras do Sor.
A actividade terá unha duración aproximada de 2 horas e é apta para todas as idades, os kayaks son insumerxibles e moi fáciles de manexar. O prezo é de 15€ por persoa e a inscrición hai que facela no teléfono 982 59 01 95

Organiza: Concello do Vicedo e Actividades Estaca.

jueves, 14 de julio de 2011

Consulta e descargate no GPS as rutas do Vicedo

Rutas de sendeirismo do Vicedo. Pinchando no icono de wikiloc accederedes á web desde onde se pode descargar a ruta a un GPS.


lunes, 11 de julio de 2011

Segunda xornada de mércores de natureza: Este mercores ruta de sendeirismo Morgallón-Río Sor-Morgallón

Este mércores 13 de outubro terá lugar o segundo "mércores de natureza" coa celebración da ruta de sendeirismo MORGALLÓN RIO SOR MORGALLÓN, de 7 km de lonxitude e cunha dificultade media-baixa. Trátase da única ruta ruta homologada pola Federación Galega de montañismo en toda a costa de Lugo.
A ruta percorre durante os primeiros 4 km un sendeiro de pescadores do Río Sor para emprender o camiño de volta nos seguintes km ata alcanzar novamente o lugar de Morgallón. O punto de encontro será a Casa da Cultura do Vicedo ás 10h00 e desde alí desprazarémonos en coches particulares ata o inicio da ruta en Morgallón (Negradas).
Anotacións no 982 59 01 95 (Casa da Cultura)

Máis información sobre a ruta no seguinte link http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=33804&ctre=32111&cidi=E

Enlace

lunes, 4 de julio de 2011

ruta de sendeirismo COSTA DE O VICEDO

Este próximo mércores comezan as actividades de turismo activo MÉRCORES DE NATUREZA, actividades que todos os mércores de xullo e agosto consistirán en rutas de sendeirismo ou rutas de kayaks ou mixtas.
Este primeiro mércores de xullo comezaremos facendo a ruta da COSTA DE O VICEDO duns 14 km de percorrido e que se iniciará en S. Román para rematar no Porto de O Vicedo. Non se trata dunha ruta deportiva senón turística, tratando de mostrar varias das principais praias do municipio (Area Grande, Xilloi, Caolín, Vidreiro), zonas e instalacións pesqueiras (Porto do Vicedo, antigua fábrica de salazón, zonas de pesca de caña, etc), a Illa Coelleira desde o punto costeiro máis cercano a ela, etc.
O punto de encontro será o apeadeiro de FEVE do Vicedo desde onde sairá o tren ás 9h43 ata a estación de S. Román. Desde alí emprenderase a ruta guiada ata O Vicedo. Hai posibilidade tamén dun segundo punto de encontro que será a praia de Area Grande as 10h15.
A ruta é gratuita e durará unhas 4 horas. Anotacións no tlf 982 59 01 95

jueves, 23 de junio de 2011

Contacontos en O Vicedo

Mañá venres a partir das 20h na Casa da Cultura do Vicedo O contacontos O Elefante Elegante presenta o espectáculo O AVIADOR. A entrada é gratuita.

miércoles, 22 de junio de 2011

Nova mesa de ping pong

Xa se pode usar a mesa de ping pong ubicada na sala de exposicións da Casa da Cultura. Está dispoñible todos os dias de 10h a 14h e de 19h a 21h.
A mesa é para maiores de 6 anos e para poder utilizala hai que pedir as raquetas e pelotas na Biblioteca.

lunes, 13 de junio de 2011

Fotos actividades medioambientais - Xilloi e Abrela

Uns 40 nenos e nenas entre 3 e 12 anos participaron nas xornadas de difusión medioambiental nas praias de Xilloi e Abrela. Apareceu bastante basura de todo tipo, desde zapatos ata botellas de plástico e vidro, pasando por cepillos de dentes. Os nenos e nenas aprenderon de onde ven tanta basura, como se separa para reciclar e as diferentes instalacións e servicios das praias (pasarelas, WC, posto de socorro, camillas para discapacitados, etc)
Con estas actividades rematan por este curso lectivo os obradoiros de actividades que, dende outubro, veñen celebrándose os luns e mércores no Vicedo e os martes no Folgueiro. Comezaron alá por outubro coa preparación do desfile de Samaín e rematan case no verán con estas actividades ambientais.
Velaquí unha galería de fotos

luns e martes: xornadas infantís de sensibilización medioambiental en O Vicedo

Hoxe luns 13 e mañá martes 14 haberá unhas xa tradicionais actividades de sensibilización ambiental para nenos nas praias, respectivamente, de Xilloi e Abrela.
Hoxe luns ás 16h será na praia de Xilloi para nenos de Vicedo e Negradas de ata 8 anos e mañá á mesma hora na praia de Abrela para os nenos das parroquias de Suegos, Mosende, S. Román, Cabanas e Riobarba e tamén para os de Vicedo de 8 a 11 anos.
A actividade consistirá nun pequeno paseo por ditas praias recollendo lixo que o mar deposita na area, separación correcta dese lixo, explicación das instalacións da bandeira azul e entrega de agasallos para todos os participantes (camisetas, pegatinas, etc)

fotos actuación títeres en Negradas



viernes, 10 de junio de 2011

Títeres en Negradas

Mañá sábado a partir das 19h no campo da festa de Negradas a compañía TITEREFICCIÓS representará a obra GOFKEN E O LIBRO MÁXICO. A entrada é libre.

Organiza: Concello de O Vicedo
Subvenciona: Consellería de Cultura.

martes, 7 de junio de 2011

Fotos dos obradoiros de xogos tradicionais

Celebraronse o pasado luns no Vicedo para os máis pequenos do Vicedo e Negradas e o martes no Folgueiro para os nenos das parroquias de Suegos, Mosende, S. Román, Cabanas e Riobarba e para os de 4º, 5º e 6º de todo o municipio. Debido ás condicións climatolóxicas, resultaron máis vistosos os do martes, xa que se puideron celebrar no exterior e puideron facerse máis xogos.
Os xogos que aprenderon os nenos foron os dos nosos avós, pais, etc. Xogos como a Billarda, as Ferraduras, a Chave, a corda, os bolos, etc.

lunes, 6 de junio de 2011

obradoiro de xogos tradicionais

Hoxe luns e mañá martes a partir das 17h celebraranse na Casa da Cultura do Vicedo e na Escola Unitaria do Folgueiro, respectivamente, unhas xornadas de xogos tradicionais destinadas a nenos e nenas de Educación Primaria. A xornada de hoxe será dedicada ós máis pequenos e a de mañá do Folgueiro ós nenos dos cursos máis grandes de Educación Primaria. Haberá xogos de todo tipo pero hai que destacar a chave, as ferraduras, a billarda e xogos de corda.

jueves, 19 de mayo de 2011

Fotos obradoiro de banda deseñada na Casa da Cultura

Tivo lugar hoxe xoves o obradoiro con moito éxito de participación e onde os nenos se divertiron e aprenderon moito co ilustrador Jacobo Fernández Serrano. A próxima actividade de animación á lectura será en xuño cun contacontos o día 24.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Obradoiro de comic o xoves ás 17h15

Mañá xoves a partir das 17h15 celebrarase na Casa da Cultura do Vicedo un obradoiro de banda deseñada impartida polo ilustrador JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. Este obradoiro tratará de repasar distintos elementos da linguaxe do cómic e a posta en práctica destes elementos debuxando unha páxina. O obradoiro está destinado a nenos e nenas de 6 anos en adiante.

lunes, 9 de mayo de 2011

Finalizou a ruta de pinchos

Celebrouse este fin de semana a segunda parte da ruta de pinchos, neste caso polos bares e restaurantes do Vicedo. Aquí podedes ver unha presentación dos pinchos ofrecidos en tódolos establecementos que participaron nesta edición de 2011. Se pinchades nas fotos poderedes ver con máis atención os pinchos de cada establecemento.

miércoles, 4 de mayo de 2011

Algunhas actuacions musicais previstas para o verán


Miki Nervio & The Bluesmakers
Venres 12 agosto.22h30.Casa da Cultura O Vicedo


Concerto didáctico SON+D2
Venres 29 xullo. 21h. Casa da Cultura O Vicedo

jueves, 28 de abril de 2011

Actuación trécola marionetas no Vicedo

Cunha alta participación de nenos e nenas do Vicedo tivo lugar hoxe xoves a representación da obra O VELLO QUE QUERÍA VER O TREN na Casa da Cultura do Vicedo. Ó remate da actuación o público puido subir ó escenario e ver como se fan estes espectáculos de sombras. Esta actuación forma parte da Campaña de animación á lectura que organiza a Consellería de Cultura e o Concello do Vicedo.

martes, 26 de abril de 2011

Cursos gratuitos de informática na Casa da Cultura (Aula CEMIT)

Están organizándose os primeiros grupos para os cursos de informática que se convocan desde a aula CEMIT situada no soto da Casa da Cultura (aberta de luns a venres de 17h00 a 21h00)
Os cursos e prazas dispoñibles para o mes de maio son os seguintes:

-Curso de Informática para persoas maiores -- Será os martes entre o 10 e 31 de maio de 18h a 19h30 (queda 1 praza) e de 19h30 a 21h (queda 1 praza dispoñible)

-Iniciación á informática -- Nun principio está establecido que sexa os mercores e xoves entre o 11 e o 26 de maio entre as 20h00 e 21hoo (Quedan 4 prazas dispoñibles)

Para máis información ou para inscribirse diríxanse á Aula Cemit da Casa da Cultura de luns a venres de 17h00 a 21hoo

Ademais está prevista unha charla sobre a Rede Cemit o día 5 de maio ás 20h00.

marionetas Trécola en O Vicedo

lunes, 18 de abril de 2011

Yolanda e José ganan o Torneo de Tute Concello de O Vicedo

Tras dous días de competición, a parella formada por Yolanda e José, de Vicedo, gañaron o torneo de tute Concello de O Vicedo onde participaron un total de 13 parellas.
Yolanda e José gañaron a final contra Carmiña e Pacita por 2-1. Anteriormente as semifinais enfrentaran a Carmiña e Pacita con Luis e Antonio (2-1) e a Yolanda e José con Modesto e Luis (2-1). Os gañadores leváronse 195€ e trofeos e os segundos 65€ e trofeos.