lunes, 27 de junio de 2016

Teatro escolar

Comezaremos as actividades socioculturais do mes de xullo coas nenas e nenos do Colexio do Vicedo. Van representar a obra CINEMASCOLE. Convidámosvos a asistir a velos, a entrada é gratuita e failles moita ilusión!

viernes, 10 de junio de 2016

Presentación da I Romaxe Vikinga O Vicedo

O venres 10 de xuño vai ser a presentación oficial da primeira edición da Romaxe Vikinga do Vicedo que se vai celebrar o sábado 30 de xullo no entorno da praia de Area Grande.

O programa previsto para esta presentación é o seguinte:
-12h: Presentación da I Romaxe Vikinga no salón de actos da Casa da Cultura do Vicedo. Contará coa presencia do Alcalde-presidente do Concello de O Vicedo, D. José Jesús Novo Martínez, a Directora de Turismo de Galicia, Dª María Nava Castro Domínguez, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Dª Raquel Arias Rodríguez e representantes da Asociación de Comerciantes do Vicedo

-13:30h: Presentación artística da Romaxe a cargo de Queiman e Pousa na zona de Moutillós, na praia de Area Grande, parroquia de San Román.

Organizan: ACIA O Vicedo e Concello de O Vicedo