jueves, 26 de febrero de 2009

Noite de xogos e edición matinal para menores de 14 anos

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de O Vicedo (OMIX) organiza unha nova edición da Noite de xogos: SCALEXTRIC, Wii, PLAYSTATION, XBOX.
Será o venres 27 de febreiro a partir das 21:30h na Casa da Cultura e será unha actividade para maiores de 14 anos. Xogarase ós principais xogos do mercado.
Ademais, haberá unha edición para nenos entre 9 e 14 anos o sábado 28 a partir das 10h ata as 13h cos mesmos xogos.

miércoles, 25 de febrero de 2009

Celebracións de antroido

Durante os pasados días realizaronse diferentes actividades de antroido tanto en colaboración coa APA como organizadas polo propio Concello. Foron en concreto a celebración de antroido no Punto de Atención á Infancia do Concello de O Vicedo como a novedosa festa de antroido que organizou a APA en colaboración co Concello.
Ademais destas actividades, o vindeiro sábado 28 celebrarase a tradicional festa de antroido organizada pola Asociación de Cabezas de familia e que consistirá en baile infantil a partir das 8 da tarde e baile de adultos con concurso de disfraces a partir das 11 da noite.



viernes, 20 de febrero de 2009

Resultados do Concurso de debuxo infantil Concello de O Vicedo

O venres tivo lugar a entrega de premios do Concurso de debuxo infantil Concello de O Vicedo que tivo os seguintes gañadores:

Categoría de 3 a 7 anos:
1º premio: SILVIA
2º premio: YURI

Categoría de 8 a 11 anos.
1º premio: SANTIAGO
2º premio: LAURA

miércoles, 18 de febrero de 2009

Entrega de premios do concurso infantil de debuxo

O vindeiro venres 20 de febreiro ás 18h terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura a entrega de premios do primeiro concurso de debuxo infantil Concello de O Vicedo, onde participaron nenos dos obradoiros de actividades que organiza este concello os luns, mércores e venres no Vicedo e Folgueiro.
Haberá premios para os mellores debuxos e agasallos para todos.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Cursos on-line organizados pola Rede de Dinamización

Xa podes anotarte a realizar cursos on-line organizados pola Rede de Dinamización da Xunta de Galicia. Tanto se poden facer desde casa como desde os propios equipos instalados no telecentro da Casa da Cultura.
Son cursos moi curtos, con tutor e foros de participación para que se faga máis ameno, ademais, tamén o dinamizador do telecentro do Vicedo pode axudarche a realizalos con éxito. Os cursos son os seguintes:
1. Internet para persoas maiores
2. Aspectos legais nas Novas Tecnoloxías
3. Navegación segura na Internet
4. Opera co teu banco ou caixa a través de Internet
5. Recursos na Internet para inmigrantes
6. Sácalle rendemento á cámara dixital
7. Retoque fotográfico con GIMP
8. Realización de Mailing con Writer
9. Procesador de Textos: Writer
10.Folla de Cálculo: Calc
11.Presentacións: Impress
12.Comunicacións desde o teu computador: correo electrónico, fax e teléfono.
13.Busca de emprego a través da Internet
14.Axiliza os teus trámites coa Administración Pública a través da súa oficina virtual
15.Contas con Calc.
16.Iniciación á Informática: Ubuntu
17.Iniciación á Internet: Firefox
18.Correo electrónico: Thunderbird

Máis información: www.redededinamizacion.eu

martes, 3 de febrero de 2009

programación febreiro 2009

-Concurso de debuxo infantil: Participarán neste concurso os participantes dos obradoiros de actividades dos luns, mércores e venres. O lema será "a natureza e o seu entorno" e a entrega de premios e exposición dos debuxos será o venres 20 ás 18h na Casa da Cultura (2 categorías: de 3 a 7 anos e de 8 a 12)

-2ª noite de xogos: SCALEXTRIC, Wii, PLAYSTATION. Será o venres 27 de febreiro a partir das 21:30h na Casa da Cultura e será unha actividade para maiores de 14 anos.

-Antroido infantil: Organizado pola APA coa colaboración do Concello de O Vicedo e Protección Civil, será o luns 23 de febreiro a aprtir das 16:30h no Polideportivo Municipal.a Haberá animador infantil, hinchables, torito e merenda para tódolos nenos. Este ano os nenos socios da APA entrarán gratis e os non socios pagarán 3€.

lunes, 2 de febrero de 2009

Fotos da noite de xogos de mesa

Cunha boa participación celebrouse o pasado venres a primeira noite de xogos de mesa deste ano 2009. Houbo diferentes grupos participando nos xogos e xa se prepara a nova edición no mes de febreiro coas consolas Wii, PlayStation e tamén con Scalextric.