martes, 23 de marzo de 2010

Campamentos de Verán para xóvenes entre 18 e 35 anos

Pincha aquí para obter información dos campamentos de verán que oferta a Xunta de Galicia para xóvenes entre 18 e 35 anos a un módico prezo. Son campamentos que inclúen aloxamento, manuntención e actividades de ocio activo.

lunes, 15 de marzo de 2010

Fotos do Viaxe á neve

Este fin de semana a OMIX de O Vicedo e a Casa da Xuventude de Viveiro organizaron unha viaxe á Estación de Esquí de Pajares. Un total de 18 persoas puideron disfrutar dunha boa cantidade e calidade de neve.

jueves, 11 de marzo de 2010

Celebraronse os obradoiros de reciclaxe

Esta semana tiveron lugar os obradoiros de reciclaxe para os nenos de educacion infantil e primaria do CEIP O Vicedo. Desenvolveronse tanto no Vicedo como no Folgueiro e neles os nenos aprenderon a facer a separacion correcta do lixo.

lunes, 8 de marzo de 2010

Convocadas as prazas para os Campamentos de Verán e Campos de traballo

A Xunta de Galicia ven de convocar os campamentos de verán para xóvenes de 9 a 17 anos e os campos de traballo para os maiores de idade. O prazo para anotarse remata o 23 de marzo, podedes obter información sobre os campamentos e actividades de cada un deles e anotarvos na Casa da Cultura e tamén pinchando no seguinte enlace

martes, 2 de marzo de 2010

Programación cultural marzo 2010

-Curso de conducción eficiente:
6 marzo de 10h a 12h. Gratuito.
-Viaxe á neve:
12, 13 e 14 de marzo. Viaxe á estación de esquí Valgrande-Pajares para maiores de idade. Trátase dunha viaxe que comezará o venres co desprazamento en autobús ata o Albergue Toribión, o sábado pola mañá almorzo e inicio da actividade de esquí (o que queira recibir un curso de esquí de 2 horas tería que contratalo nese momento por un prezo duns 18 €), o domingo pola mañá máis esquí, comida e regreso en autobús.
O prezo da viaxe é de 100€ para os empadronados no Vicedo e 124 os non empadronados (inclúe aloxamento e tódalas comidas, transporte, aluguer de esquís, botas e bastóns para os dous días e o forfait para os dous días)
Anotacións na Casa da Cultura ou no 982 59 01 95 ou en xuventude@hotmail.com