jueves, 23 de abril de 2015

Uns 25 nenos de Educación Primaria participaron na actividade  "Crea Fósiles de dinosauros" impartida por Mau Marela dentro do programa de animación á lectura da Xunta de Galicia e o Concello de O Vicedo LER CONTA MOITO. Durante o obradoiro os nenos puideron ver un audiovisual sobre os dinosauros e despois crearon os seus propios fósiles de dinosauros. Un gran nivel de participación e motivación deron como resultado unha actividade moi satisfactoria para todos. 





viernes, 17 de abril de 2015

karaoke de primavera

Chega a primavera e achégase a música á Casa da Cultura. Esta noite, a partir das 22h podedes achegarvos a cantar as vosas cancións favoritas. hai máis de 300 cancións a elixir desde o máis clásico ata o máis moderno. Animádevos a soltar a voz e pasaremos un rato de diversión.

jueves, 16 de abril de 2015

Aventuras na Cociña estivo no Vicedo

Onte tivo lugar a actividade de animación á lectura "Aventuras na cociña", que esta vez se celebrou na propia Biblioteca Pública do Vicedo e que tivo moi boa participación de nenos e maiores. Ademais da promoción da lectura, os nenos e maiores aprenderon hábitos de alimentación saudables, propostas moi creativas e artísticas de presentación de pratos e mesmo nos contos tamén o respecto polos maiores a través dun dos contos. 







lunes, 13 de abril de 2015

Aventuras na cociña

Este mércores 15 de abril a partir das 17h30 na Casa da Cultura do Vicedo teremos un contacontos moi especial, trinketrinke teatro presenta Aventuras na Cociña, unha actividade que pretende inculcar nos nenos os hábitos alimenticios saudables así como estimular a súa creatividade cunha proposta narrativa moi orixinal.
Actividade gratuita dirixida a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.